Burela, a 21 de febreiro de 2020.- O Grupo Municipal Popular (GMP) asegura que “o descontrol do gasto na Delegación Municipal de Cultura, que preside o edil socialista José Díaz, é absoluto, empregando os cartos públicos cunha desidia inaceptable”.
O GMP fai esta aseveración logo de terse celebrado este xoves un pleno para aprobar facturas correspondentes aos ano 2018 e 2019 por importe de case que 88.000 euros. O voceiro, Manuel Rouco, afirma que “entre esas facturas hai dúas que superan os 18.000 euros, polo que é posible que incumpran o estipulado na Lei de Contratos das Administracións Públicas, é dicir, exceden do importe máximo fixado para un contrato menor e polo tanto os servizos prestados con cargo a esas facturas terían que ser obxecto dun procedemento aberto”.
Rouco advirte así que “tamén hai facturas de bares e restaurantes, por un importe duns 1.200 euros, sen pagar”. “O máis grave está acontecendo, afirma Rouco, coa Escola de Música”. A este respecto, alerta de que “hai catro facturas dos últimos meses que ascenden a case que 19.000 euros, presentadas por unha mesma persoa, e referidas a actividades da Escola. Estas facturas non teñen ningún contrato que as sustente, e polo tanto estamos ante unha situación ilegal”, insiste.
O portavoz do GMP asegura que, no informe de Intervención, “que non ten desperdicio”, faise constar que hai polo menos dous informes que contan coa sinatura do alcalde no que se avala dalgún xeito este tipo de actuación. Asemade, existe outro conxunto de Secretaría e Intervención do 30 de xaneiro pasado advertindo das irregularidades e facendo constar as mesmas. Tanto é así, que chegan a afirmar que se está incumprindo a actual Relación de Postos de Traballo (RPT) en vigor, a aprobada en 2006 polo PP, o que pon de manifesto, sinala, “a falta de visión de Llano, xa que en catro anos non foi capaz de facer unha nova RPT”. “Nin foi capaz de ordenar os procedementos administrativos de contratación para atender a Escola de Música. Escola que, lembremos, foi fundada polo PP e que non tivo ningún tipo de problema cos gobernos municipais populares”, apunta.
Rouco advirte que “no informe de Intervención ponse negro sobre branco mostrando que existen movementos de fondos desde determinadas partidas orzamentarias a outras, moitas delas vencelladas coas delegacións de Cultura e Educación, áreas que preside José Díaz. Case se baldeiran certas partidas para engordar outras, e así é como se loce o concelleiro, organizando eventos que, dese xeito, pode organizar calquera, pero que é unha fórmula irregular”.
A responsabilidade é do alcalde
Manuel Rouco considera que “así non se debe gobernar un concello”. Por iso, entende que a responsabilidade última é do alcalde, que ten levantado todos e cada un dos dezanove reparos feitos por Intervención durante 2019, “só para salvarlle a cara ao seu concelleiro de Cultura”. Dende o PP, defenden que os provedores “teñen que cobrar, xa que prestan o servizo de boa fe, pero os nosos votos non poden validar unha forma de facer política, a de José Díaz, amparado polo alcalde, que se basea en considerar ao Concello como un feudo privado, deixando, por exemplo, sen cobrar a provedores que deron entrada a facturas en xullo do ano 2018”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



