Na imaxe podemos ver á súa responsable, Encarna Santos, cun dos grupos que se reúnen en Ribadeo.

Nesta ocasión os asistentes puideron gozar da elaboración e degustación de receitas con peixes de baixo valor económico, unha oportunidade para descubrir novas formas de cociñar e saborear o mellor produto de proximidade. Na praza de abastos estiveron a concelleira de Promoción Económica e Comercio, Marta Saiz, e o alcalde, Dani Vega.
A descuberta da praca culminou unha nutrida axenda de actos de recoñecemento e divulgación do legado de Andrea López Chao que se desenvolveu nos últimos catro anos, da man dun grupo de traballo coordinado por Luis Ansedes. Tras a inauguración, na que particiou a bisneta da homenaxeada, Patricis Ares, estreouse no Auditorio Municipal o documental "Andrea López Chao. O poder de educar" da realizadora hispano cubana Violeta Ramos Valdés. Iria Castro parabenizou "as persoas que participaron no recoñecemento e divulgación da figura de Andrea López Chao, ampliando o coñecemento do seu legado e documentándoo e proxectándoo para as xeracións futuras"
A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizando o bo estado de saúde dos dous planteis.
As delegacións municipais participan neste acto solemne que mantén viva a devoción pola patroa da cidade de Mondoñedo e reforza a unión entre os concellos da contorna. Mariña Gueimunde subliñou que «para Viveiro é unha honra participar nesta celebración tan arraigada que une ás nosas vilas a través da tradición e da cultura». Engadiu que «é fundamental preservar estas manifestacións colectivas que forman parte da nosa identidade e que fortalecen os lazos de fraternidade entre os pobos veciños».
O encargado de dar a saída foi o alcalde, Dani Vega, que estivo acompañado pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, e pola presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. Por diante 21 quilómetros de percorrido por paraxes espectaculares ata chegar á meta na praia das Catedrais. A proba desenvolveuse nunha tarde soleada e moi calorosa.
O evento está organizado pola asociación de veciños da parroquia, co apoio do Goberno galego. Arias puxo en valor o traballo do colectivo organizador para "facer medrar este evento ano tras ano, consolidándoo en soamente tres anos como unha das citas destacadas no calendario festivo da comarca".
Na xuntanza, que tivo lugar no Departamento Territorial da Xunta en Lugo, avaliouse a posibilidade de establecer vías de colaboración para mellorar as infraestruturas rurais da localidade. A maiores, estudouse a situación dos instrumentos de mobilización da terra agraria que se desenvolveron na localidade e afondouse na mellora da súa xestión forestal.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital