Burela, 27 de febreiro de 2020. Segundo se desprende dun recente informe da Intervención Municipal, o Concello de Burela está a contratar profesorado da Escola de Música de forma encoberta. O documento elaborado pola Intervención do Concello recolle información contable que é contrastada coa Secretaría Municipal, detallando minuciosamente distintos informes da dirección da escola, da concellaría de cultura e da propia alcaldía, dos que se desprende que o Concello estivo pagando periodicamente facturas en concepto de docencia en distintas especialidades instrumentais a unha empresa externa sen contrato de obra menor e en contra do regulamento da escola de música municipal.
No citado informe, figuran 4 facturas por un importe total 18.880,36 € en concepto de “docencia nas seguintes especialidades: saxofón, piano, percusión, canto, violonchelo, guitarra e óboe”, con data de setembro, outubro, novembro e decembro de 2019. Para o portavoz municipal do BNG, Mario Pillado, trátase dun informe “moi rigoroso e moi ben documentado no que se detalla pormenorizadamente como se está a contratar profesorado nas especialidades instrumentais facturadas, concluíndo que se está a incumprir o Regulamento de funcionamento da Escola de Música, así como a Lei de Contratos do Sector Público (LCSP), sendo que se está a prestar unha parte do servizo mediante xestión indirecta sen ningún tipo de contrato que a sustente”.
Pillado engadiu que “a contratación de profesorado de distintas especialidades instrumentais non só está a facerse sen a oferta pública de emprego preceptiva, senón que se están a pagar facturas sen a correspondente tramitación de expediente de contratación de obra menor para a impartición de docencia nas especialidades facturadas. O referido informe vai máis alá e sinala que “existen indicios de fraccionamento do contrato por ser que se presentan facturas no mesmo día ou en tempos distintos pero periodicamente que no seu conxunto superan os límites do contrato menor, incumprindo o previsto na LCSP”.
A Intervención Municipal conclúe neste documento que “se está a realizar unha parte do servizo mediante unha xestión indirecta para a cal non consta contrato, que supera o período de un ano, tratándose dun gasto periódico e repetitivo” e que neste caso “a figura do contrato menor non resulta de aplicación aos contratos de concesión de servizos públicos, de xeito tal que a xestión indirecta dun servizo público require da tramitación do correspondente procedemento de licitación”.
O BNG exixirá a depuración das responsabilidades políticas oportunas, caia quen caia.
Os nacionalistas adiantaron que xa rexistraron solicitude para analizar toda a documentación obrante no expediente e que non quedará un só documento sen revisar, desde facturas a informes da dirección da escola, concellaría de cultura e informes da alcaldía, pasando por toda a documentación emitida polos servizos xurídicos do Concello a este respecto.
O portavoz nacionalista tamén anunciou que desde o G.M. do BNG se levarán a cabo todas as accións necesarias para pór luz e taquígrafos sobre este asunto. Neste sentido, Pillado adiantou que o BNG presentará “unha batería de preguntas para a súa contestación en pleno e non descartamos outras medidas como unha auditoría externa ou mesmo emprender accións legais, se chegado o momento o consideramos oportuno”.
Os nacionalistas responsabilizan a Llano e José Díaz dunhas contratacións opacas á marxe da lei e que foron realizadas a dedo a proposta da propia dirección da Escola de Música. “Exixiremos as responsabilidades políticas que consideremos oportunas, pois todo apunta a que estamos diante duns feitos moi graves”, concluíu Pillado.



















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



