Viveiro, 3 de febreiro de 2020. O bo estado das infraestruturas é fundamental para a calidade de vida dos veciños. Cando chegar á casa esixe facer unha auténtica xincana entre fochancas á calidade de vida deteriórase. Pois iso ocorre en moitos puntos do Concello de Viveiro debido ao mal estado de rúas, pistas e camiños de titularidade municipal. Os concelleiros do grupo popular, que ten por portavoz a Óscar Rodríguez, esixen ao goberno presidido por María Loureiro que deseñe un plan de choque para acondicionar estas infraestruturas viarias.
Os membros do grupo municipal do PP din que o mal estado en que se atopan camiños como o denominado Puxigueira, en Covas, débese á falta de mantemento periódico. O caso é que o deterioro dos pavimentos chegou a tal extremo que é preciso que o Concello poña mans a obra e repare os firmes. É necesario por moitos motivos, todos eles relevantes.
É preciso amañar camiños e pistas porque os veciños teñen dereito a transitar por vías en bo estado; por un lado, porque nas condicións nas que se atopan algunhas delas, a seguridade vial vese considerablemente reducida. E ese é un aspecto fundamental desta cuestión: a seguridade. Circular sobre firmes cheos de fochancas é perigoso para automobilistas e peóns.
Outro aspecto relevante do problema é o da comodidade dos veciños; mellor dito, a incomodidade, porque as fochancas son incómodas e perigosas para os automobilistas, pero tamén para os peón, especialmente cando chove e están cheas de auga.
A vista da situación que se da en moitos puntos do municipio, os concelleiros populares reclaman da alcaldesa, a socialista María Loureiro, que adopte as medidas necesarias e deseñe un plan de choque para resolver o problema e fixe prioridades para a súa execución. É preciso, di o portavoz popular, Óscar Rodríguez, que a presidenta da corporación municipal saia da zona de confort na que está instalada, dese dolce far niente no que vive, porque o estado das infraestruturas viarias están moi mal por falta de conservación.
Os populares esperan que a alcaldesa faga caso da súa reclamación e deseñe e aplique un plan de choque para a mellora das vías municipais. E avisan de que seguirán dando a coñecer casos de rúas, camiños e pistas en mal estado mentres non empecen as obras de reparación.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



