Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, adxudica o contrato para a redacción do proxecto de mellora da capacidade e seguridade da estrada Viveiro-Cabreiros (LU-540), cun investimento de máis de 185.000 euros.
Este contrato, adxudicado á empresa Ingenieria del Noroeste S.L., conta con 12 meses de prazo para redactar o proxecto.
O proxecto ten como principal obxectivo o acondicionamento do tramo desta vía comprendido entre os puntos quilométricos 5 e 39+500 para acadar o incremento da seguridade viaria. E o orzamento inicialmente estimado das obras é de 2,6 millóns de euros.
Para isto, serán necesarias accións dirixidas á rectificación de curvas, de xeito que todo o trazado se corresponda cunha velocidade de proxecto superior a 80 km/h. A intervención tamén deberá incluír as actuacións necesarias para a implantación de novos tramos de carrís de adiantamento, en treitos con pendente superior ao 3 %, así como para mellorar a seguridade fronte ao cruce de animais.
O acondicionamento, dun xeito máis concreto, contemplará a mellora e redeseño de interseccións, o encaixe de carrís lentos, correccións de trazado, ordenación de xiros á esquerda ou a revisión da sinalización horizontal e vertical, entre outras medidas a adoptar.
A Xunta impulsa este proxecto de acondicionamento para facilitar a mobilidade dos veciños de Viveiro, en condicións máis seguras e cómodas, xa que este treito é a principal alternativa empregada para desprazarse a Ferrol ou Lugo.

















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



