Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2020. “Creemos que sería necesario poner en marcha una campaña de apoyo al sector agrícola gallego”, Así o asegurou este luns a portavoz de Cs en Galicia, Beatriz Pino, tras entregar a presidenta de Cidadáns, Inés Arrimadas, un decálogo moi específico ao Executivo Central para apoiar ao sector primario.
A responsable da formación liberal ha lembrado que se trata dun sector que xera moitos empregos na nosa comunidade e que está a ser un alicerce fundamental no que nos estamos apoiando como sociedade nestes momentos tan difíciles para poder saír adiante. “Los agricultores y ganaderos no han dejado de salir al campo para garantizar el abastecimiento de alimentos y productos básicos de forma segura cuando más los necesitamos y mantener la cadena agroalimentaria. Es el mejor momento de apoyarles con medidas reales”.
O decálogo inclúe cuestións como “garantizar una mayor protección de los trabajadores para evitar contagios en este sector que sigue trabajando cada día”. Asimismo, ha pedido “mayor flexibilidad para que puedan acceder a fondos y ayudas” porque “estamos en un momento en el que la Administración Pública tiene que ponerse del lado de los trabajadores autónomos y las pymes”.
Ao mesmo tempo, Beatriz Pino defendeu a necesidade de “un plan de inversión para este sector”, además de “mejorar la circulación de los productos creados y generados por el sector agrícola y ganadero español, así como llevar a cabo campañas de sensibilización sobre el consumo responsable de productos de proximidad”.
A responsable da formación liberal sinalou que para Galicia e España será “muy importante que Europa respalde tanto las medidas de emergencia sanitaria como las de financiación y protección del empleo”.
Para finalizar, sinalou que en Cs “somos muy conscientes del enorme esfuerzo que agricultores y ganaderos gallegos están haciendo para garantizar el abastecimiento de la población durante todo el confinamiento”.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



