Lugo, 27 de marzo de 2020. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, informou este venres de que convocou para o vindeiro xoves 2 de abril, ás 11.00h, o Pleno extraordinario para aprobar o Plan Único 2020 vía telemática. O propio mandatario provincial chamou por teléfono esta mañá aos voceiros da Corporación provincial para informalos da decisión de celebrar a sesión plenaria por videoconferencia, unha medida que adoptou unha vez examinado un auto ditado no día de onte polo Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de León co que suspendeu o Pleno extraordinario presencial que estaba previsto neste municipio.
“Tomamos esta decisión por precaución e para garantir a continuidade do procedemento de tramitación do Plan Único para que os 67 concellos da provincia poidan contar o antes posible con estes importante recursos económicos, de 21,3M€, que, gracias á decisión deste Goberno, poderán usar para facer fronte a medidas sociais derivadas da crise do Covid-19, pero que son fundamentais tamén para axudar á reactivación da economía e do emprego unha vez rematado o Estado de Alarma”, explicou o Presidente. O Plan Único repercutirá na contratación sobre todo de pequenas e medianas empresas, moitas de ámbito local, o que favorecerá a recuperación do pulso das economías locais, do tecido empresarial e do mercado laboral.
José Tomé informou esta mañá na Xunta de Voceiros das medidas de ámbito social e económico adoptadas ata o momento polo Goberno provincial para facer fronte e paliar o impacto do Covid-19, entre elas, a propia adaptación das bases do Plan Único para que os municipios que así o necesiten queden exentos da obriga de destinar o 50% da achega da Deputación a investimentos e poder dedicar este importe a cubrir necesidades propiciadas polo coronavirus.
Atendendo a esta situación, o Goberno provincial acordou tamén ampliar os prazos para que os concellos teñan a marxe suficiente para acometer e prestar os servizos que sufragarán con cargo ao Plan Único. Así, amplíase un mes o prazo para a contratación, pasando a data límite do 30 de setembro ao 30 de outubro.
Ademais de reorganizar a plantilla da Deputación para reducir ao mínimo imprescindible a presenza de traballadores e traballadoras nas dependencias e servizos provinciais con traballo non presencial a atención telefónica e quendas mantendo as funcións da Administración para seguir dando servizo á cidadanía e aos concellos, o Goberno provincial adoptou decisións de carácter social e económico para paliar o impacto desta crise, como a de suspender todos os prazos de tramitación dos procedementos da institución; priorizar o pago a provedores da institución para inxectar liquidez nas empresas e contribuír deste xeito a que poidan pagar salarios e gastos correntes e manter así a súa actividade, ou a de reforzar o servizo de teleasistencia domiciliaria para facilitar información e recomendacións aos máis de 1.300 usuarios e usuarias.



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



