Compostela, 27 de marzo de 2020. A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a Xunta exclúe o galego da atención telefónica polo Coronavirus, ao non ofrecer un argumentario na nosa lingua ao persoal que atende as chamadas relacionadas coa pandemia. As e os teleoperadores que resolven as consultas da cidadanía sobre a enfermidade no teléfono habilitado polo goberno galego, o 900 400 116, teñen obriga de cinguirse a unha serie de puntos informativos que só teñen dispoñíbeis en castelán.
As persoas galegofalantes que chamen a este número para cotexar se a súa sintomatoloxía é compatible coa enfermidade non serán, polo tanto, atendidas na súa lingua, o que aumenta a posibilidade dunha comunicación infrutuosa e pode poñer en risco a asistencia sanitaria. Unha vez máis, é a cidadanía galega a que ten que facer o esforzo de abandonar a súa lingua para poder entenderse co sistema público de saúde.
A Mesa denuncia que “a atención que se nos presta aos galegos e ás galegas no noso idioma neste momento de crise é practicamente inexistente”, dando lugar a “unha grave limitación ao noso dereito fundamental a expresármonos no noso idioma coa administración autonómica”. Esta situación engádese ao desprezo pola nosa lingua que o presidente e os cargos políticos do sistema galego de saúde están a amosar nas comparecencias súas públicas e na app do Sergas, que ofrece a información sobre o Coronavirus en castelán aínda que estea habilitada a opción en galego.
A Mesa enviaralle esta queixa tanto ás institución sanitarias galegas como á Valedora do Pobo.
Unha petición en liña de Queremos Galego rexistra máis de 2500 adhesións en menos de 24h
A petición en liña da plataforma Queremos Galego ao presiente da Xunta para que “exerza de presidente” e tome todas as medidas necesarias para preservar a integridade e a saúde da cidadanía galega, ofrecéndolle información clara e precisa, na súa lingua, sobre a epidemia do Coronavirus acadou máis de 2500 adhesións en menos de 24h.




















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



