LUGO .- A Deputación convoca un concurso para dotar de banda ancha ás casas consistoriais e telecentros da provincia. A entidades interesadas terán que dotar ós 66 Concellos da provincia, excepto o de Lugo, dunha infraestrutura fiable, segura, e económica para que as casas consistoriais e os telecentros teñan Internet.
Nota de Prensa
A Deputación lanza un concurso para dotar de banda ancha ás casas consistoriais e telecentros da provincia
– Prestixiosas empresas nacionais e internacionais participaron na xornada formativa sobre o Plan de extensión da banda ancha e mobilidade nas comunicación
– Diante a pasividade da Xunta, o organismo provincial porá en marcha este concurso, dotado de máis de 1 millón de euros, para garantir o acceso á Rede dende calquera municipio de Lugo
A Deputación celebrou este martes unha xornada informativa sobre o concurso Plan de extensión da banda ancha e mobilidade nas comunicacións, dotado de máis de 1 millón de euros, cofinanciado nun 70% con fondos FEDER, e nun 30% polo INLUDES, que porá en marcha co obxetivo de garantir ós Concellos e ó organismo provincial os mecanismos necesarios para acceder á Rede. Prestixiosas empresas de ámbito nacional e internacional acudiron á cita, e coñeceron de primeira man os requisitos mínimos que deberán garantir. Deste xeito, as entidades interesadas terán que dotar ós 66 Concellos da provincia, excepto o de Lugo, dunha infraestrutura fiable, segura, e económica para que as casas consistoriais e os telecentros teñan Internet.
O organismo provincial, consciente da fenda dixital en Lugo, e diante a pasividade da Xunta de Galicia, administración con plena competencia na materia, impulsa esta iniciativa que permitirá, una vez que se aprobe o prego, que todos os veciños da provincia poidan en 12 meses acceder á Rede dende calquer punto da provincia malia as características orográficas de Lugo.
Esta actuación súmase e complementa o concurso de despregamento anteriormente adxudicado dentro do programa Innova-TE, o de maior investimento en TICs feito nunca en Galicia nun só prego con 7 millóns de euros. Da mesma forma, este programa facilitará o acceso a unha ampla gama de recursos, servizos, e produtos, mellorando a eficiencia das administracións locais, a interacción cos cidadáns, e a seguridade nas infraestruturas dos municipios lugueses.
A Deputación aclara que a asistencia á xornada informativa non é requisito para a presentación de propostas unha vez que se poña en marcha o concurso, nin suporá vantaxe ou mérito sobre os restantes licitadores.
Asimesmo, unha vez publicados os pregos, as empresas interesadas no concurso poderán poñerse en contacto coa Deputación e aclarar as cuestións que se lles presenten a través do correo electrónico innovate@deputacionlugo.org. Todas as dúbidas serán resoltas e presentadas no Perfil do Contratante do organismo provincial que se publica na páxina web www.deputacionlugo.org antes da data tope de presentación de ofertas.




















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



