Xove, 16 de abril, 2020. Como de todos e todas vós é sabido, o pasado venres 3 de abril, o grupo político do BNG no Concello de Xove fixo público un comunicado através das redes sociais dando conta da desinformación na que o Goberno Municipal o tiña tido ata ese día. Nese comunicado interpelábase ademais a ese goberno para que dese conta á oposición e ao conxunto da veciñanza dunha serie de informacións relativas á crise do Covid-19 e polas que se preguntaba no noso manifesto.
Ese mesmo manifesto foi entregado ese mesmo día 3 de abril por rexistro telemático no Concello de Xove, sen que ata hoxe teña sido contestado de ninguna forma, nin formal nin informal.
Este pasado luns 13 de abril tiña que terse celebrado un pleno. Así o indica o regulamento que os propios concelleiros nos demos en sesión plenaria organizativa desta actividade a comezo da lexislatura. Tal pleno non só non se celebrou (nin presencialmente con medidas especiais, nin telemáticamente) senón que en ningún momento se nos informou dos porqués da non celebración. A día de hoxe non sabemos se está adiado, se está suspendido ou se ten data de celebración e cando será esta.
A situación excepcional que vivimos non pode habilitar de ningunha maneira ao Goberno Municipal a menosprezarr deste xeito unha oposición que representa un terzo dos votantes do Concello de Xove.
O noso grupo municipal e o conxunto da militancia do BNG quere deixar claro ademais que ninguna das medidas que leva adoptado o goberno foi consultada nin consensuada con nós. Neste sentido consideramos, como un amplo conxunto da sociedade, que foi e é un erro que unha Administración Pública (neste caso o Concello) anime a xente a saír da casa para ir buscar unhas mascarillas.
Así mesmo descoñecemos os criterios empregados para a supresión do SAF a algunhas persoas o que nos impide avaliar en que medida son correctos ou non. Tampouco sabemos que medidas compensatorias se adoptarán para empresa e traballadores por esta supresión parcial ou tan sequera se existirán e conforme a que criterios e partidas orzamentarias se implementarán.
Igualmente e aínda que demostremos a nosa gratitude ao labor altruísta das persoas que colaboran na fabricación de epis, consideramos que a prioridade dunha Administración Pública ten que ser a de conseguir uns materiais homologados e con todas as garantías sanitarias. Neste sentido manifestamos ademais que a veciñanza debe saber en todo momento das xestións do Concello para conseguilos, do número de materiais de que se dispón, das entregas feitas polas administracións e das partidas orzamentarias modificadas, se é o caso, que se están usando para a compra destes epis.
Así mesmo consideramos que as medidas que adopte un goberno na loita contra o Covid -19 deben ser aquelas que manifesten desde un pusto de vista científico unha certa eficacia. Neste senso é moi importante que o conxunto das administracións non adopten medidas de escaso ou nulo rendemento (para alén de que se vexa que se fai algo) pero que poden causar un estado alarmista completamente innecesario.
Continuamos ademais a afirmar que as redes sociais non son a canle adecuada nesta situación para informar á xente. Esiximos polo tanto que as informacións cheguen ao conxunto da
cidadanía por decreto de alcaldía, por documento oficial saído do grupo gubernamental ou por documento plenario.
Sabemos que o estado actual e o bombardeo informativo están causando dano psicolóxico nunha parte importante da poboación. É un caldo de cultivo perfecto para reclamar unidade e esa tan repetida frase de que os políticos se poñan de acordo. Con todo queremos recordar que para que dúas persoas se poñan de acordo o primeiro que teñen que facer e verse e falar. Ningunha das cousas se produciu ata o de agora desde o 12 de marzo.
Así mesmo, moita xente ben intencionada e outra con moi mala intención, pretenden repartir o traballo a partes iguais entre o goberno do PP e o grupo político do BNG con aquilo de que “hai que colaborar”. Convén recordar que o pobo de Xove votou hai cousa de menos dun ano, colocándonos na oposición co que iso implica de responsabilidade e compromiso. Parécenos unha actitude tremendamente xenerosa a que estamos tendo ao ofrecernos para xestionar unha crise. Pola contra e como todo o mundo sabe as nosas opinión non son tidas en conta para nada cando as cousas veñen ben dadas e o que se reparten son cartos, dedicacións e postos de traballo.
Ausentes do comite de crise creado no Concello, sen liña telefónica directa con Feijoo e confinados na casa, moita xente pensará que estamos desinformados. Por sorte a conexión cos nosos sindicatos, a pluralidade de xente ben formada que compón a nosa militancia e algún que outro amigo ben posicionado permítennos estar medianamente ben informados no medio deste caos que estamos vivindo. Por todo isto gustaríanos que non dubidedes en porvos en contacto con nós se tedes algunha dúbida. Intentaremos contestala dentro das nosas posibilidades. É do pouco que podemos facer ou, mellor dito, que nos deixaron facer, nestes tempos de crise.
Recibide unha aperta.



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



