Compostela, 22 de abril de 2020. O voceiro no Parlamento de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Sánchez, denunciou este mércores a “desleal campaña de intoxicación” levada a cabo polo Goberno de Feijóo durante a crise da Covid-19.
Sánchez sinalou que a comparecencia do conselleiro de Sanidade na Cámara galega estivo exenta de autocrítica e humildade, amosando unha “soberbia absoluta”.
“Non fai falla que o PP recorra a falsidades para xustificar a non asistencia de Feijóo ao Parlamento. Se non comparece, é porque non quere. Se prefire estar a diario na TVG sen que ninguén contradiga a súa desleal de intoxicación, é a súa responsabilidade”, indicou.
Sánchez incidiu en que esta actitude do Goberno galego “produce unha indignación crecente na cidadanía observando que, segundo vostedes, a Xunta faino todo ben, e se hai algo mal, é culpa dos outros. Non falou de nada do que foi mal, e iso non é vir a explicar a realidade; é seguir facendo propaganda. Suspendéronse eleccións, pero vostedes non suspenderon a campaña”.
O voceiro lamentou que isto é aínda “máis indignante cando vén dos responsables dos recortes na sanidade pública, que atacaron e denigraron as e os profesionais, cando vén dun partido con casos de corrupción evidente, por se non fora pouca corrupción usar o diñeiro público para favorecer a sanidade privada. É indignante que utilicen esta crise para facer campaña electoral”.
“Din que o importante é salvar vidas, pero non deixan de estar en campaña electoral, encadenado unha intoxicación tras outra”, continuou Sánchez. Como exemplo destas prácticas, o voceiro citou os problemas de falta material de protección para o persoal sanitario, “incluso cesaron unha responsable sanitaria polas súas reclamacións, mentres difundían críticas ao Goberno do Estado polos test rápidos”.
Ademais, Sánchez destacou que “Feijóo dicía que necesitaban respiradores imperiosamente dous días antes de envialos a Madrid” ou que “o 5 de abril Feijóo dicía que os test rápidos son de apoio, pero non definitivos, algo que coincidía co que dicía o ministerio. Tres días despois dicía que pensaba que si eran definitivos”.
Residencias de maiores, o maior exemplo de mercantilización da saúde
Antón Sánchez reprochou que o conselleiro de Sanidade “non fixo autocrítica” coas residencias de maiores, “o maior exemplo de mercantilización da saúde tras 11 anos de políticas e decisións destinadas a favorecer o negocio de determinadas empresas con diñeiro público”.
Así, afondou en que “precisamente as residencias desas empresas son as que teñen máis contaxios e máis mortes. O Consello de Contas denunciou irregularidades, pero o seu Goberno non actuou. Cando se demostra agora que a xestión pública e directa é mellor, deberían recoñecer que as súas políticas puxeron en perigo a moitas persoas, pero non o fan. Botamos de menos unha reflexión a futuro de cambio de modelo”.
O voceiro lembrou ademais que é evidente que “os recortes déixannos en peor situación. Se tiveramos as mesmas camas que cando chegaron ao Goberno, poderiamos intervir e medicalizar as residencias. Coa media de persoal do Estado, teriamos centos de profesionais máis, pero vostedes adicáronse a precarizar ese persoal e por iso hai escasez”.
Sánchez criticou que, a pesar destas consecuencias, “seguen actuando igual e só recúan cando hai presión social. A mediados deste mes anunciaron rescisións de contrato ao persoal e só recuaron cando se soubo e era demasiado escandaloso. Van ter que facelo en moitas máis cousas, porque as privatizacións xa non van ser posibles. Moita xente viu que a sanidade pública é fundamental para protexernos”.
Por último, Antón Sánchez valorou que “comprenderíamos un relato máis axustado á realidade, comprendemos as dificultades de calquera goberno para xestionar esta pandemia. O que non toleramos é que os gobernos que precarizaron a sanidade pública, estean constantemente en campaña electoral e veñan con soberbia sen recoñecer ningún erro”.
Deste xeito, concluíu que “cómpre centrarse agora en salvar vidas. Cando isto remate, pediremos responsabilidades polas políticas que puxeron en perigo a xente poñendo o negocio por enriba da saúde”.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



