Burela, 25 de abril, 2020. O Centro Comercial Aberto de Burela lanza este luns a campaña Xogando Xuntos coa que queren dinamizar o comercio local desde as redes sociais e preparar a volta á normalidade tras o desconfinamento.
A asociación de comerciantes indica que algo que deixou a corentena é que existe moita creatividade, e queren aproveitar este momento para impulsar o comercio de proximidade.
O comercio local de Burela ten unha elevada calidade dos seus produtos, por isto queren facer un agasallo de calidade mentres dure o estado de alarma e, seguramente, máis alá.
“O comercio é o motor da localidade e as persoas que viven aquí sábeno ben, por iso queremos premiar aos nosos clientes có mellor que temos: os nosos produtos” indican desde a asociación.
A dinámica
A dinámica de Xogando Xuntos é moi sinxela: os luns nas redes sociais de CCA Burela (Facebook e Instagram) proporán un xogo para as persoas que queiran participar. Hasta ese día non se vai saber cal é esa proposta, así que avisan que teñen que estar preparados para facela.
Esta primeira, e coincidindo que o vindeiro domingo é o Día da Nai, será unha participación de poesía, de debuxo ou de fotografía que se pode facer chegar a través do correo electrónico: aciaburela@gmail.com, unha mensaxe directa a través de Facebook ou Instagram ou subíndoas ás redes propias có hastag #XogandoXuntosBurela.
O sábado sortearase entre os participantes un produto de calidade de Burela. Nesta ocasión será unha peza de xoiería valorada en 150 euros que se fará chegar á casa do premiado ou esperarase ao fin desta situación, como prefira o gañador.
Desde a asociación de comerciantes queren agradecer a paciencia dos clientes e que gracias e eles, e despois da corentena seguiremos Medrando Xuntos






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



