LUGO .- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presidiu hoxe a firma dos convenios para a dotación de albergues provisionais en tres concellos da provincia de Lugo, e que permitirán acondicionar varias instalacións e habilitar 88 prazas novas de aloxamento para peregrinos. A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo destinou máis de 96.156 euros a estes convenios que afectan aos municipios de Abadín, Barreiros e Ribadeo, tres dos concellos polos que discorre o Camiño do Norte. Asemade, proximamente asinarase un acordo coa Confraternity of Saint James para o albergue de Miraz en Friol. Estas partidas súmanse aos convenios asinados nas últimas semanas cos municipios da Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés.
En total, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo investirá 556.685 euros na posta en marcha de albergues temporais na provincia de Lugo, na que se habilitarán 2.016 prazas novas para peregrinos, das que 1.820 son colchonetas e 196, camas.
Á firma, que presidiu a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, asistiron o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, os alcaldes de Abadín, José María López Rancaño, de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, e Alicia Rodríguez Díaz, concelleira do Concello de Barreiros. Dentro desta ruta do Camiño de Santiago tamén se firmará un convenio co concello de Friol, que contará con 100.000 euros para a ampliación e reforma do albergue no que se habilitarán 18 novas camas.
En virtude dos acordos asinados hoxe en Lugo, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo destinará un total de 44.410, 86 euros ao concello de Abadín. Desta cantidade total, 14.500 euros estarán destinados á dotación de mobiliario para o albergue do Pavillón de Gontán, no que se habilitarán 40 novas camas, mentres que os 29.910 euros restantes investiranse na mellora do pavillón municipal de Abadín.
O concello de Ribadeo, pola súa banda, contará cunha partida total que supera os 28.199 euros, dos que 12.325 estarán destinados á habilitar 34 novas camas no albergue temporal. Pola súa banda, os 15.874 euros restantes incluídos no convenio asinado hoxe están consignados ao acondicionamento da escola de Vilela para acoller a peregrinos. Por último, o municipio de Barreiros disporá de 23.546 euros para o acondicionamento do refuxio de Gondán para acollemento de peregrinos, no que se habilitarán 14 novas camas.
No acto celebrado en Lugo, o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, destacou que os acordos asinados son “froito de intenso traballo de colaboración” entre Xacobeo, municipios e diferentes institucións. Asemade, recalcou que o obxectivo destes convenios é “ofrecer aos peregrinos un aloxamento garantido nos momentos de maior concorrencia de camiñantes nas rutas xacobeas”.
Investimento na comunidade
No último mes asináronse os convenios con concellos da provincia de A Coruña (Abegondo, Boimorto, Fisterra e Pontedeume), así como cos municipios coruñeses e lucenses da Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés (Arzúa, Melide, O Pino, Monterroso, Pedrafita de O Cebreiro, Palas de Rei, Paradela, Portomarín, Samos, Sarria e Triacastela). Asemade, firmáronse os acordos que afectan a sete municipios da provincia de Pontevedra (A Guarda, Caldas de Reis, Pontevedra, Portas, Redondela, Silleda e Tui) e de Ourense (A Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Riós, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Xinzo de Limia).
En total, cos convenios que se asinarán en próximas datas alcanzarase a cifra de 1,4 millóns de euros e máis de 4.000 prazas que a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo destina á rede de albergues temporais na comunidade galega.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



