Lugo, 27 de abril de 2020. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero envíolle hoxe unha mensaxe ao PP sobre o futuro de Alcoa. “Acabáronse as escusas para a Xunta de Galicia e o PP. Durante o último ano o Núñez Feijóo, o Conselleiro de Industria e os dirixentes do PP de Lugo afrontaron os problemas de competividade da Planta de Alcoa en San Cibrao desde a absoluta pasividade, escusándose en que o prezo da enerxía era competencia do Goberno da Nación”, replica.
Otero relata que “todas as iniciativas anunciadas pola Xunta e o PP sostíñanse en esixencias ao Goberno central. Nin unha soa medida do PP comprometía recursos ou actuacións do Goberno de Feijoo que é quen ten as competencias en materia de industria, tal e como recolle o artigo 30 do Estatuto de Autonomía de Galicia. Por iso é preciso que Feijoo exerza as súas competencias con axudas, no caso de que sexan necesarias, para a garantir a viabilidade de Alcoa”.
Así as cousas a secretaria provincial explicou que “ao longo de 2019 e o primeiro trimestre de 2020, a evolución do prezo da enerxía descendeu de xeito relevante, como resultado da estratexia enerxética posta en marcha polo Goberno de España, e tamén polos distintos cambios no mercado enerxético. Na actualidade o prezo por Kw/h é moi inferior ao que se viña demandando fai tan só uns meses pola propia empresa e pola Xunta e PP para garantir a competitividade da planta”.
“Feijóo e o seu Goberno non poden seguir de brazos cruzados, botando balóns fose, sen exercer as súas competencias. Xa non é o tempo das escusas ou de limitarse a esixir ao Goberno central. É o momento en que se poñan as pilas, traballen e mobilicen os recursos necesarios con axudas para contribuír ao mantemento do emprego en Alcoa”, remarcou a dirixente socialista.
Otero afirma que “hoxe o prezo da electricidade favorece a competitividade da empresa e polo tanto a súa viabilidade. O Goberno de Pedro Sánchez traballou para conseguir acadar os seus obxectivos en relación ao prezo da enerxía. Ese foi o seu compromiso cos traballadores”, espetou.
Competencias de Feijóo
A Secretaria provincial advirte que “o anuncio de recortes anunciado a semana pasada que afectan especificamente á planta de San Cibrao, refírense a problemas de competitividade industrial, que non gardan relación co prezo da enerxía. E tal e como se pode constatar, o seu custo é hoxe un factor que favorece a competitividade da empresa. Polo tanto, son problemas de índole industrial que incumben de xeito moi directo ás competencias de Núñez Feijoo e do seu Goberno”.
Acabáronse as escusas
Otero sinala que “o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa viabilidade da empresa e o mantemento dos postos de traballo é inequívoco e vai seguir traballando na mesma dirección. Acabáronse as escusas para seguir coa inacción absoluta do Goberno da Xunta de Galicia. Agora, deben implicarse na viabilidade de Alcoa establecendo un dialogo directo coa dirección da empresa e implantando as axudas, se foran precisas, para o mantemento dos postos de traballo. E sen esquecerse dos empregos das empresas auxiliares, moitos en risco polas medidas relativas ás paradas das cubas que se anunciaron a pasada semana”.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



