
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Santiago de Compostela, 30 de Abril 2020. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, xunto ao deputado no Congreso, Néstor Rego e a deputada e viceportavoz, Olalla Rodil mantiveron un encontro co Cómite de Empresa de ALCOA para abordar a actual situación ante o anuncio da dirección de parar as cubas.
Pontón, ao igual que fixera no encontro telématico coa Plataforma de traballadores e traballadoras de empresas auxiliares de ALCOA, hai dous días, transmitiu ao Comité de empresa o apoio do BNG as súas demandas e o compromiso de presentar iniciativas, tanto no Parlamento galego como no Congreso dos deputados destinadas a impedir que sexa paralizada “parte da actividade” da empresa en San Cibrao e garantir os postos de traballo.
A portavoz nacionalista cualificou de “vergoñento” o comportamento de ALCOA cunha comarca que sempre se volcou por manter a actividade da empresa e advertiu que a paralización das cubas abocará ao desemprego a máis de medio centenar de traballadores e traballadoras das empresas auxiliares ademais de seren “o primeiro paso” para un futuro desmantelamento en parte da actividade da factoría.
Pontón lembrou que Alcoa é o grande motor económico da comarca de A Mariña e a súa paralización terá gravísimas consecuencias para a comarca e para todo o sector industrial galego. A nacionalista recalcou que a dirección debe rectificar e volveu a reclamar da Xunta e do goberno central “medidas urxentes” que impidan parar a actividade, garantir os postos de traballo e un plan de futuro para a factoría. “Non podemos consentir que desaparezan sectores claves para a nosa economía”.
Goberno galego e goberno central deben “exixirlle a ALCOA que non paralice unha parte da actividade” sobre todo na crise que estamos vivindo. Para a nacionalista, “ALCOA ten un compromiso social” coa comarca da Mariña e co emprego e tanto Xunta como Goberno central deben exercer as súas competencias para que o sector do aluminio teña futuro e viabilidade en Galiza. Nin a Xunta nin o goberno central “fixeron os deberes” e “urxe que tomen medidas porque hai moito en xogo”, recalcou.





















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



