Nota de Prensa
O BNG DE FOZ DENUNCIA O DESCONTROL NO GASTO DO GOBERNO MUNICIPAL SOCIALISTA
“ O Concello ten pendentes de cobro 3.645.298,66 euros, a maioría dos cales non se van a cobrar” afirma o informe de intervención
“De seguir así, en pouco tempo estará en perigo a solvencia económica do Concello” afirma Basanta
Foz, 23 de abril de 2010.- O informe de Intervención sobre a liquidación dos orzamentos do Concello do ano 2009 vén a confirmar o que o BNG desde hai tempo viña advertindo: que non hai unha planificación do gasto corrente e que non se fai un control da execución orzamentaria. Esta ausencia de rigor no control do diñeiro público non permite a xeración de remanente positivo nas contas e pon en dúbida nun futuro próximo a posibilidade de levar adiante inversións e afrontar melloras nos servicios prestados polo Concello (pódese recordar, a recente privatización dos servicios de atención a dependentes).
Para o BNG de Foz é grave que o resultado orzamentario ven a ser outra vez negativo por terceiro exercicio consecutivo: ano 2007 (– 1.343.785, 79 euros), ano 2.008 (- 1.570.190,02 euros) e ano 2.009 (- 408.474,20 euros). Esto vén a indicar que o Concello non aforra absolutamente nada e gasta máis que ingresa. Se non fose polo remanente producido a raíz das licenzas urbanísticas no 2005 e 2006 e do que se foi tirando, o Concello estaría na quebra técnica.
Aínda que unha vez aplicadas as desviacións positivas e negativas de financiamento resulta un resultado orzamentario axustado positivo en 172.686,96 euros si temos en conta as obrigas pendentes do exercicio anterior que constitúen débeda extraxudicial o resultado orzamentario do exercicio xa non sería positivo. Confirma o Informe de Intervención que aínda que o Rateo de Aforro Neto neste exercicio é positivo nun 3, 27 por cento, di tamén que a súa importancia relativa non resulta importante e empeora o conseguido no exercicio anterior que foi do 4,46 por cento, incidindo unha vez máis que de seguir así as cousas esto podería provocar que o Concello se vese limitado para realizar novas inversións, ampliar servicios ou calquera outra cousas que implique aumento do gasto corrente, como podería ser a entrada en vigor da Relación de Postos de Traballo do Concello.
O Aforro Neto sería inferior si temos en conta a débeda extraxudicial de crédito (as facturas e gastos realizados no ano 2.009 ou precedentes que non están imputados nos orzamentos, ben por que non existe consignación ou ben por que no tiveron entrada no Concello durante a vixencia do mesmo).
Outra das afirmacións do informe económico que dan que pensar é que a 31/12/2009 os dereitos pendentes de cobro ascenden a 3.645.298,66 euros. Deste importe unha cantidade moi importante non se vai a cobrar tal e como afirma o propio interventor: “os importes que proveñen dos exercicios anteriores ao que se pecha, 2.177.669,62 euros, vai ser complicado que cheguen a recadarse nunha porcentaxe importante, segundo o ocorrido en exercicios precedentes, en boa medida porque o procedemento administrativo de recadación en vía de constrinximento non se leva en ningún caso ata as súas fases finais, rematando co correspondente embargo se é preciso. Esta circunstancia, ademais das responsabilidades a que haxa lugar, conduce a que rematen por prescribir caudais públicos que doutro xeito podería e deberían pasar a engrosas as arcas municipais” e aínda di algo mais importante “a xuízo do que subscribe, en aplicación do principio de prudencia xa que doutro xeito podemos estar financiando modificacións de crédito e incorporación de remanentes con recursos que nunca se van a recadar, debería considerarse de difícil recadación a totalidade dos dereitos pendentes de exercicios anteriores ao que se pecha”. Así pois unha vez máis desde o BNG acusamos ao goberno municipal de irresponsabilidade na execución dos cobros de diñeiro público producíndose un agravio comparativo daqueles ao que non se cobra con todos aqueles que si pagan os seus impostos relixiosamente, producíndolle ao Concello un grave prexuízo na súa recadación.
Ademais este axuste levaría o remanente inicial de Tesourería de 1.008.532,15 euros a unha cantidade máis realista dun remanente para gastos xerais de 436.691,76 euros. É dicir, que como o BNG ten afirmado, este goberno municipal nos tres anos que leva no concello gastou do remanente que tiñamos máis de 6.000.000 de euros, quedándose practicamente sen nada.
A conclusión do informe de intervención para o BNG é clara: que de seguir por este camiño nos próximos exercicios vaise a producir nas contas do Concello un desequilibrio orzamentario que poñerá en risco a posibilidade de poder ofrecer aos cidadáns novos servicios e de atender debidamente os servicios existentes, limitando, por lóxica, tamén as futuras inversión municipais. O goberno municipal dunha vez por todas debe entender que está administrar diñeiro público e que a xestión económica do Concello debe ser sempre transparente e cun fin claro ofrecer os cidadáns servicios a cambio dos impostos e taxas que con tanto esforzo soportan. Para o BNG de nada vale “vender” obras faraónicas –a maioría procedentes de subvencións doutras administracións- como fai a miúdo o goberno municipal cando as contas do concello desde hai anos están nun estado cada vez máis precario para poder pagar o gasto corrente e as inversións.























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



