Viveiro, 4 de maio de 2020. O Concello de Viveiro informa aos estudantes usuarios da tarxeta bonificada de transporte (bonobús) que tras conversas coa empresa Arriva poderán ampliar a caducidade dos meses ou solicitar un reembolso polas viaxes non desfrutadas desde mediados de marzo.
En concreto, a empresa comunicoulle ao Concello que cando as taquillas das distintas estacións volvan a funcionar, aqueles mozos e mozas que teñan as súas tarxetas de transporte cargadas con viaxes non desfrutadas a raíz da situción provocada polo COVID-19, poderán solicitar a ampliación da caducidade das mesmas ata o vindeiro curso ou o reembolso pertinente.
O Concello de Viveiro vén prestando este servizo de bonobús en colaboración con Arriva para ofrecer un servizo de transporte máis eficiente e de menor custo para os veciños e veciñas deste municipio que se desprazan a outras cidades para cursar unha titulación universitaria ou ciclo formativo que non se imparta en Viveiro.
Con respecto aos prezos que Arriva establece para cada viaxe en función do número de bonos que se adquiran, o concello subvenciona a cada usuario deste servizo a metade do importe correspondente a cada viaxe.
Neste curso 2019/2020, 32 mozos e mozas empregan este servizo subvencionado ao 50% polo Concello de Viveiro para facilitar o desprazamento ás cidades de Lugo, A Coruña e Santiago.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



