A Mariña, 7 de maio, 2020. O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Federación Rural Galega (FRUGA) queremos expresar o noso máis enérxico rexeitamento ao torpedeo permanente que a Delegación do Goberno en Galiza está a perpetrar contra calquera iniciativa relacionada coa reactivación dos mercados alimentarios de proximidade ao prohibir, a través da Subdelegación da Coruña, a celebración de feiras de produtos labregos en vilas como Carballo, Sada, Teo ou Betanzos.
A prohibición dos mercados de proximidade xerou unha forte contestación social apoiada por un cento de colectivos e organizacións na Galiza e por máis de 700 a nivel estatal.
En resposta ao forte rexeitamento provocado pola prohibición, a través dunha orde publicada pola Consellaría de Medio Rural tras acordalo co Ministerio de Agricultura, permitiuse a celebración de mercados non sedentarios de alimentos labregos na Galiza, baixo un estrito protocolo sanitario, a partir do 4 de maio. Semanas antes, comunidades como Euskadi,
Navarra ou Cataluña, xa permitiron a celebración destas feiras periódicas que ofrecen maiores garantías sanitarias que calquera supermercado; e, dende o inicio do estado de alarma, comunidades como Illes Balears regularon a celebración dos mercados labregos sen chegar a prohibilos. Ningunha delegación do goberno destas comunidades chegou a opoñerse a estas
decisións. A postura da Delegación do Goberno en Galiza demostra un profundo descoñecemento da realidade galega, onde este tipo de mercados están moito máis arraigados e son máis numerosos que en calquera das comunidades que si están permitidos. Tamén evidencia un absoluto desprezo por miles de familias labregas que viven de comercializar directamente as
súas producións. A Delegación do Goberno en Galiza fai gala dunha escandalosa inopia en temas relacionados con agricultura, pois este tipo de mercados, ao limitarse só á venda directa por labregos e labregas que producen o que venden e que teñen que estar de alta no Sevedi (Sección de Venda Directa), teríanse que facer cunha redución drástica do número de postos habituais a instalar que facilitaría o cumprimento do protocolo sanitario estipulado pola Xunta.
Pola súa manifesta incapacidade para exercer con equidade o cargo, polo seu flagrante analfabetismo respecto da realidade galega e do mundo rural, pola clara discriminación á que someten Galiza con respecto a outras comunidades as súas prohibicións inxustas e absurdas, dende o Sindicato Labrego Galego e a FRUGA pedimos a dimisión do delegado do Goberno en Galiza, Javier Losada, e o levantamento de calquera prohibición que contradiga a norma ditada pola Xunta respecto dos mercados non sedentarios de alimentos labregos.
Ademais, dende o gabinete xurídico do SLG estudarase a posibilidade de emprender accións legais para que o Goberno ao que representa esta Delegación responda das perdas millonarias que están a sufrir miles de familias labregas na Galiza por unha prohibición arbitraria, discriminatoria, innecesaria e inxusta dende o minuto un do estado de alarma.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



