Lugo, 15 de maio de 2020. A Xunta de Galicia repartiu 50 aparellos de radio a catro residencias de maiores de titularidade autonómica da provincia de Lugo. Os centros que recibiron os dispositivos son os das Gándaras e A Milagrosa (Lugo) e as residencias de Monforte de Lemos e Burela. Os aparellos foron cedidos por Electrodomésticos Domínguez (Star Electrodromésticos).
O delegado territorial da Administración galega, José Manuel Balseiro, explicou que se trata dunha das iniciativas adoptadas co fin de axudar aos usuarios “a levar mellor as medidas de confinamento por mor do coronavirus, xa que a radio é un medio que acompaña durante todas as horas do día e achega tanto entretemento como información actualizada do que está a suceder ao noso redor, tanto no ámbito local como no resto do país, algo que se agradece especialmente nunha situación excepcional como a que estamos a vivir”.
A través desta iniciativa, a residencia das Gándaras recibiu 20 transistores e as da Milagrosa, Monforte de Lemos e Burela 10 cada unha.
Balseiro lembrou que a Xunta está a desenvolver diferentes accións dirixidas aos colectivos máis vulnerables ao contaxio por coronavirus. Así, entre as medidas adoptadas mencionou a entrega de 60 móbiles e tablets en 15 centros residenciais da provincia para facilitar o contacto entre os residentes e as familias -cedidos por Cenor electrodomésticos, a compañía telefónica Orange, a Fundación Profuturo e La Caixa-; o teléfono social (900 400 800), que está á disposición das persoas que teñan dúbidas básicas ou que necesiten acompañamento ou atención psicolóxica; ou o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) extraordinario para as persoas que necesiten coidados a domicilio, entre outras.
















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



