Compostela, 27 de maio, 2020. O Secretario Xeral, Piñeiro Docampo, deu conta do resultado do proceso que tras pasar pola Executiva Nacional e o Consello Nacional dos galeguistas en días pasados chegou hoxe a toda a afiliación. Foi esta unha xornada eleitoral marcada polo estado de alarma e a situación de emerxencia sanitaria ante a pandemia mundial da Covid-19 e que foi resolta a través de ferramentas telemáticas.
O resultado final deitou unha amplisima maioria a favor da pregunta que se lanzou ao conxunto da afilición “Estás, como afiliado/a de CxG, a favor dunha coalición eleitoral ampla de forzas galegas para as eleccións galegas do 12 de Xullo?”. Un total do 81% da afiliación que votou, foi a favor de que Compromiso por Galicia concorra conxuntamente nunha coalición de forzas galeguistas.
Indica Piñeiro Docampo que “Compromiso por Galicia segue aberto a formar unha candidatura de país ampla, onde entremos todos os que teñamos o galeguismo como eixo central e a Galicia como programa e no sentimento” Neste sentido continuou: “nós desde Compromiso seguimos na nosa teima de achegar unha resposta de País para as múltiples inquedanzas que destes momentos está a xente a ter, ante un futuro incerto e moitas veces que se nos amosa desolador, desde logo está resposta non vai vir dos partidos que
son altofalantes das súas sedes de Madrid”.
Desde a secretaria xeral da formación galeguista, Piñeiro Docampo, indica que Compromiso por Galicia vai facer todo o posible por chegar a unha solución ampla e galeguista para resolver os problemas que a crise da Covid-19 está a deixar sentir xa no noso País. Neste sentido avanzou as conversas con diversas forzas políticas e actores sociais que levan tentando axuntar desde o Xaneiro de 2019, desde que CxG fixera pública
a súa proposta de Roga galega.


















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



