Viveiro, 1 de xuño de 2020. Na orde do día do pleno ordinario que terá lugar mañá, 2 de xuño, inclúese a aprobación dos orzamentos municipais; uns orzamentos que este concello pretendía presentar en marzo, non sendo posible como consecuencia da declaración do estado de alarma.
Os orzamentos municipais para o exercicio 2020 siguen a liña dos presupostos anteriores, mantendo os apoios aos ámbitos social, cultural, deportivo e turístico, ao tempo que se manteñen os servizos municipais e se establecen as bases para continuar reducindo a débeda bancaria. O volume xeral do presuposto, que ascende a 14.190.496,60 €, pouco difire con respecto ao de anos anteriores, aínda que os seus importes están redistribuídos de diferente maneira.
Trátase duns orzamentos claramente marcados pola situación actual, nos que a crise sanitaria e económica provocada polo COVID19 resultan determinantes. A crise económica provocada por esta pandemia afecta ao conxunto do tecido empresarial, pero sobre todo ao comercio e á hostalería, relacionados tamén co sector turismo. Nun concello como o de Viveiro, no que o 50% do emprego pertence ao sector servicios, esta situación obriga a adoptar medidas extraordinarias en beneficio da economía do municipio.
Neste sentido cabe destacar, en primeiro lugar, o Plan de Reactivación Económica posto en marcha por este concello, no que se inclúe unha liña de axudas por importe de 400.000 € dirixidas aos titulares de actividades que tiveron que manterse pechadas durante o estado de alarma. Tamén inclúen unha axuda directa por importe de 15.000 € ás dúas asociacións de comerciantes do municipio para a realización de campañas dirixidas á activación do comercio; o concello tamén realizará campañar para reactivar o comercio, englobando tanto a comercios como a hosteleiros non pertencentes a estas asociacións, por un importe similar.
Este orzamento inclúe, tamén, as cantidades necesarias para os dous convenios que se están a xestionar a tres bandas, entre a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e este concello. Un deses convenios é para o traslado da Escola Oficial de Idiomas, que permitirá que Aspanane destine as instalacións actuais da EOI para a construcción dunha residencia, cun importe de 30.000 €. Para as actuacións en relación coa riada de Xunqueira, destínase un total de 31.000 euros.
Vai incluído o Plan Único da Deputación de Lugo, que este ano, atendendo á situación actual, permite que se destine a cantidade necesaria ás actuacións en relación co COVID19. Dentro do Plan Único, o Concello de Viveiro vai incluir 180.000 € para o Servizo de Axuda no Fogar, tanto de libre concorrencia como de dependencia; 17.233 € para a contratación de un administrativo/a a través do Depuemprego; 80.000 € para reforzos e horas extraordinarias motivadas polo COVID19; 30.000 € para incrementar a partida de Axudas por Emerxencia Social; 40.000 € para EPIS, mascarillas, mamparas…; 19.000 € para obras de accesibilidade de beirarrúas en varios puntos do municipio; e 111.000 € para as axudas do Plan de Reactivación Económica (do seu importe total, 400.000 €, a cantidade de 111.000 € procede do Plan Único).
O orzamento 2020 inclúe subvencións nominativas a clubes e asociacións, aínda que foi necesario realizar un reaxuste nas súas cantidades. Sabemos que como consecuencia da situación quedaron suspendidos moitos eventos deportivos e culturais, descoñecendo cántos máis se verán afectados nos vindeiros meses; parte deses importes destináronse ás axudas referidas. Con todo, polo que respecta a subvencións nominativas, ademais das referidas ás asociación de comerciantes, destínanse 28.000 € ao ámbito cultural e 55.600 € ao deportivo. Ademais, inclúese unha subvención directa por importe de 15.000 € á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer.
Estamos ante un presuposto axustado no que se estableceron unha serie de medidas extraordinarias, que fixo necesario cadrar e reaxustar outras partidas, tendo en conta, asemade, que o concello verá reducidos os seus ingresos como consecuencia das taxas que se deixarán de percibir naqueles servizos non prestados como consecuencia do estado de alarma, como a piscina, a gardería ou o conservatorio, ou outras taxas, como as derivadas das ordenanzas fiscais núm. 13 (de ocupación da vía publica para instalación de terrazas) e a 6 (pola licenza de actividade de terrazas), que tampouco se cobrarán; de feito, este é outro dos asuntos incluídos na orde do día do pleno de mañá. Da mesma maneira, o concello está vendo como se vai regularizar no segundo trimestre do ano as taxas polo servizo de recollida de lixo e de auga potable naqueles establecementos que se viron obrigados a pechar.
En definitiva, nestes orzamentos tratouse de compaxinar o funcionamento normal do concello coas necesidades derivadas desta situación extraordinaria motivada pola pandemia do COVID19.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



