Madrid, 3 de xuño 2020. O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, durante a quenda de preguntas o Presidente, denunciou a situación de crise que están a vivir os traballadores e traballadoras de Alcoa San Cibrao ante o posíbel fechamento da factoría de Aluminio. O deputado inquiriu a Sánchez polas medidas que pensa adoptar o Goberno para enfrontar a crise económica e industrial que está a sufrir o noso país. “A crise social e económica provocada pola emerxencia sanitaria superponse na Galiza a unha crise industrial profunda que afecta especialmente -mais non só- á industria electrointensiva” subliñou.
O BNG advertiu desde un primeiro que o feche da planta de Aluminio podería supoñer un impacto económico negativo e profundo na comarca da Mariña. Rego salientou que “o Goberno español coñece desde hai tempo a delicada situación da industria electrointensiva na Galiza, e aínda non aprobou o Estatuto do Consumidor Electrointensivo”.
Os nacionalistas ven necesario pór en marcha solucións que dean estabilidade ao sector e ao conxunto da nosa industria. Por esta razón, o deputado Néstor Rego propuxo que en primeiro lugar, “é preciso establecer unha Tarifa Eléctrica Galega que permita rebaixar considerablemente o custo da enerxía, porque Galiza é produtora excedentaria, pagamos os elevadísimos custos sociais e ambientais dun deseño que nós non realizamos, mais non nos beneficiamos desa condición de país produtor”. Neste momento as familias e as empresas galegas, pagan máis pola electricidade que en Madrid, onde consomen enerxía galega a 600 km de distancia.
En segundo lugar, o BNG ve necesario intervir para salvar a actividade e os postos de traballo en Alcoa. Os nacionalistas suxiren que se a dirección persiste na súa decisión de pechar, a única alternativa é nacionalizar a empresa. Hai que recordar que xa foi pública e que nunca debeu ser privatizada. “Retornar Alcoa ao sector público, estabelecer unha Tarifa Eléctrica Galega que permita as nosas empresas ser máis competitivas e un plan para reindustrializar Galiza é hoxe unha necesidade perentoria” salientou Néstor Rego.
Posición do BNG ante a prórroga do estado de alarma
Néstor Rego trasladou a preocupación de moitos alcaldes e alcaldesas están denunciando con preocupación a presenza crecente e masiva de persoas foráneas nas vilas de toda a costa galega que “chegan sen ningún tipo de restrición e que representan un risco importante de rebrotes para a poboación galega porque, maioritariamente proceden de Comunidades que están aínda na Fase 1”.
Hai quince días o BNG suxeriu a necesidade de permitir a mobilidade interprovincial dentro do noso país sempre que as provincias estivesen na mesma fase, unha división territorial anacrónica e centralista que non responde á realidade social, mais resulta indignante que os galegos e galegas non podan visitar aos seus familiares se están noutra provincia -inclusive cando iso só representa cruzar unha ponte sobre un río, como entre Padrón e Cesures- e que “no entanto se permita a mobilidade irregular cando pode representar un importante risco sanitario” destacou o deputado nacionalista.
Néstor Rego lembroulle ao Goberno que “no seu día, evidente que por razóns políticas e económicas porque as sanitarias eran indiscutíbeis, non quixeron fechar Madrid e con iso provocaron a centrifugación do contaxio e a súa chegada e expansión pola Galiza” e inquiriu se agora o controlarán para que isto non volva a reproducirse.




















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



