Foz, 4 de xuño, 2020. Vimos de asistir a unha crise sanitaria sen precedentes. Nesta crise o sistema sanitario público e universal resultou decisivo. Un sistema sanitario galego que baixou por primeira vez no que vai de século das 9.000 camas hospitalarias en funcionamento. Segundo os datos de 2020 do Instituto Galego de Estatística (IGE), o país contaba a finais de 2018 –último dato rexistrado– cun total de 8.975, 130 menos que no exercicio anterior e case un milleiro menos que unha década antes. Destrúese a atención primaria deixando aos usuarios sen recursos día sí día tamén. Unha verdadeira extratexia cara a exterminación do sistema.
Xusto un ano antes xurdía o colectivo de enfermeiras en loita que mais que nunca debe ser recoñecido. Por que, por riba do descenso dos recursos do sistema, o mais duro e a precarización das suas traballadoras especialmente no colectivo de diplomadas en enfermería. Este colectivo de mulleres e homes que coidaron das doentes de COVID 19 manténse en precario mesmo despois de ter sido clave na axuda a salvar vidas durante estas semanas de pandemia. Moitas sufriron a contratación irresponsable por parte dos diferentes departamentos de Recursos Humanos do SERGAS, poñendo en risco, tanto a pacientes como a profesionais. Con situacións incomprensibles, como ofrecer contratos de días soltos en Unidades de Hospitalización onde se atopaban casos positivos de COVID-19 e despois continuar noutras nos que se atopan pacientes de maior risco.
Durante a pandemia unhas foron despedidas despois de infectarse durante os coidados, nunha medida miserable do SERGAS. Outras, ven agora como o SERGAS vulnera novamente os seus dereitos, sen ter en conta o Pacto de Selección temporal,sen respetar a orde da lista pública, existindo traballadoras que estiveron en unidades COVID quedando en situación de discriminación. Sufriron a contratación por días, semanas ou quincenas durante o mes de Marzo e Abril, pero non obtiveron a prórroga do seu contrato como si se fixo a persoal en números inferiores e mesmo inscrito en listas paralelas, estas últimas sen publicación oficial. A orde de prórroga (non publicada na páxina do SERGAS nin aportada ás traballadoras) realizada polos Servizos Centrais do Servizo Galego de Saúde, deixa a estas profesionais en situación de desemprego. Manteñense prácticas xa habituais do sistema case esclavista do SERGAS realizando cambios de xeito continuo na carteleira e coñecendo a mesma o día antes de comezar o contrato. O colectivo solicita:
1. Loitar contra a Precariedade laboral instaurada no ámbito de enfermería.
2. Defender a Sanidade Pública, Universal e de Calidade
3. Avanzar no recoñecemento da Enfermaría como disciplina autónoma.
Así o Grupo Municipal do BNG propón ao pleno do Concello de Foz apoiar as reivindicacións do colectivo de Enfermeiras eventuais en loita, instar ao SERGAS e a Xunta de Galiza a mellora das lamentables condicións laborais coas que presiona e condiciona o seu traballo, e por último a poñer fin a precariedade e a falta de recoñecemento deste colectivo, cerne do Sistema público de Saúde da Galiza.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



