Ribadeo, 4 de xuño, 2020. A Confraría de Pescadores Santa María do Campo de Ribadeo renova as súas instalacións coa axuda da Xunta de Galicia. Así o indica o Patrón Maior, Javier Martínez Otero, quen pon en valor esta colaboración que xorde, di, “grazas ás negociacións do deputado autonómico, Daniel Vega”.
“Con total humildade agradecemos a axuda da Xunta de Galicia. Foi decisiva para que esta entidade tan importante para a nosa vila poida mellorar o seu espazo físico e gozar dunhas prestacións máis modernas e axeitadas; o que, sen ningún tipo de dúbida, redundará na mellora do servizo que prestamos na actualidade”, destaca Martínez Otero.
A Confraría é a oficina de referencia para a xente do mar e tamén para multitude de colectivos que queren coñecer a actividade pesqueira e marisqueira da zona como poden ser universidades, centros de formación, administración, turistas, etc. Por iso, a aportación da administración autonómica cobra aínda máis valor. Consistiu na modernización das súas dependencias logo de acadar a cesión de uso de mobiliario por parte da Xunta e o apoio da Federación Galega de Confrarías.
Esta colaboración permite optimizar a xestión interna da entidade, mellorando a distribución física das oficinas e, en definitiva, mellorar o seu funcionamento de cara aos socios e ao público en xeral.
“Ribadeo é unhavilamariñeira que vive cara o mar e dende asúa Confraría preténdese canalizar todos aquelesproxectos que procuren e manteñanpostos de traballorelacionados coa explotación dos recursos pesqueiros e marisqueiros”, conclúe o Patrón Maior.
A Confraría de Pescadores Santa María do Campo de Ribadeo tamén se viu beneficiada do reparto de material de protección que distribuíu a Xunta de Galicia para combater o covid-19.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



