Nota de Prensa
O GMPP presenta unha moción pedindo a redefinir o Pacto polo Emprego da Mariña.
Os populares tamén solicitan aportación de fondos municipais para a Fundación EXPOMAR.
Consideran que o pleno do xoves volve a ser “outro pleno perdido”.
Din que o alcalde e o bipartito “gastan, pero non pagan”.
O GMPP de Burela afirmou hoxe que “un pleno máis, o pleno que se vai celebrar o vindeiro xoves é un pleno perdido, porque o alcalde e o bipartito seguen sen presentar ningún proxecto que xenere ilusión ou mesmo debate entre a cidadanía”.
Para os populares, “que Burela suscriba a carta verde do deporte non nos vai reportar ningún beneficio, porque a Axenda 21 local está parada desde hai dous anos”. “E a lei obriga a dar conta da liquidación do presuposto do anos pasado e do Plano Concertado de Servicios Sociais, ámbolos dous asuntos que se fan ano tras ano”. E eses son os asuntos que van a pleno, xunto coa emisora municipal.
Polo tanto, aseguran os populares, “un pleno máis será o grupo municipal do PP o que presente temas que sí teñen importancia e que afectan ós cidadáns: a construcción do gasoducto da Mariña para que o gas natural chegue a empresas e particulares, e que debería estar adxudicado polo goberno Zapatero en 2008, e a redefinición do Pacto Territorial polo Emprego, xa que a cidadanía quere que aqueles instrumentos que se creen para loitar contra o paro o faigan de verdade, proporcionando alternativas a traballadores e posibles empresarios, para atopar emprego os primeiros, e a xenerar postos de traballo e riqueza os segundos, máis ainda coa situación de crise económica que estamos a vivir, e sobre de todo porque o presidente do indicado Pacto é o Alcalde, e hasta agora o pacto sólo serviu para xenerar cinco postos de traballo que o único que se sabe que fan é facer estadísticas”.
Ademais, indica o GMPP, “resulta insultante que o concello se vaia gastar cincuenta mil euros este ano nunha emisora municipal e que non aporte nada para a Fundación EXPOMAR”. Os populares aseguran que a aportación anual mentres gobernou o PP era de doce mil euros, “e hai que rescatala, porque o concello tén que dar exemplo ós outros membros da Fundación”.
Por último, pídenlle ó bipartito “que non fale das contas de hai catro anos, xa que eso é pasado; xa houbo no seu día un pleno para falar delas, xa houbo eleccións municipais hai tres anos e agora toca falar das contas do bipartito, que son os que teñen a responsabilidade de gobernar”. Os populares indican que o alcalde e o bipartito limítanse a prometer, gastar, e non pagar. E como mostra, un exemplo: en 2009 doblaran o capítulo inicial de gasto diverso , xa que arrancaron con 336.000’00€, gastaron practicamente seiscentos mil pero ainda se deben trescentos mil euros. De esto é do que hai que falar, do presente, e non do pasado.



















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



