Santiago, 8 de xuño de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou hoxe a súa satisfacción polo inicio da fase 3 da desescalada na crise sanitaria do coronavirus en Galicia e sinalou que “agora o que nos preocupa son os efectos desta pandemia”. Deste xeito, demandou ao Goberno central que se pronuncie sobre o mantemento da planta de Alcoa en San Cibrao, coa aprobación do estatuto para as empresas electrointensivas; a rebaixa do IVE no sector turístico; ou un reparto xusto do fondo de 16.000 millóns que destinará ás comunidades autónomas.
Pedro Puy cualificou como unha “boa nova” a entrada de Galicia na fase 3 da desescalada, que “permite mellorar os intercambios económicos, pero tamén, con todas as garantías sanitarias, o reencontro entre familias e amistades”. Neste sentido, valorou que “en Galicia estanse a facer as cousas ben, tendo en conta o desempeño e capacidade de resposta á pandemia a través do sistema sanitario e o seguimento dos posibles casos de rebrote”, aínda que reiterou a necesidade de “continuar co exercicio de responsabilidade da sociedade para xerar un gran beneficio social”.
ALUMINIO CON FUTURO
Unha vez se avanza na superación da crise sanitaria, o portavoz popular sinalou que “o que nos preocupa son os efectos da pandemia a nivel económico e social”. Neste sentido, lembrou aos milleiros de persoas que participaron onte na manifestación convocada en Viveiro en favor da factoría de Alcoa en San Cibrao e o mantemento dos 534 postos de traballo, e lamentou que “levamos máis de ano e medio solicitando atención ao problema das industrias hiperelectrointensivas para que poidan competir en igualdade de condicións cos seus competidores europeos”.
“A día de hoxe, o problema sigue presente e seguimos demandando que o Goberno central se pronuncie sobre a importancia que ten para España o mantemento da única planta que produce aluminio primario, unha industria con futuro tendo en conta o camiño que seguimos cara un menor uso do plástico e un maior uso do aluminio en sectores estratéxicos como a construción ou a automoción”, sinalou.
Puy lembrou que o borrador de estatuto electrointensivo avanzado polo Goberno central “conta con alegacións presentadas polos gobernos autonómicos de Galicia, Asturias e Cantabria, nas que empresas deste tipo teñen unha gran incidencia na súa economía”; e considerou que “é o momento para incorporar estas alegacións e elaborar un plan específico para este sector industrial co obxectivo de optar aos fondos previstos pola Unión Europea”.
“É unha prioridade máxima”, asegurou Pedro Puy, quen concretou que “o principal problema é a incerteza que existe sobre os prezos da enerxía eléctrica”. “Unha empresa no pode manterse con perdas eternas, polo que, se o prezo eléctrico é competitivo, Alcoa ten futuro en A Mariña”, afirmou.
DESTINO SEGURO CON PREZOS RAZOABLES
O portavoz popular tamén se referiu ao turismo, “un dos sectores máis afectados pola pandemia do coronavirus”. Así, manifestou que este sector “ben merece unha aposta decidida, e máis en Galicia tendo presente a próxima celebración do Xacobeo 2021”. Deste xeito, considerou “razoable” a proposta realizada polo Presidente da Xunta de baixar o IVE ao sector turístico do 10 ao 4 por cento, nos anos 2021 e 2022, “porque contribuiría a dinamizar o sector, incentivar a demanda e recuperar un sector moi intensivo en man de obra e xeración de postos de traballo”. “Galicia debe converterse nun destino seguro, ao que hai que engadir uns prezos razoables”, apuntou.
Por último, respecto do reparto do fondo de 16.000 millóns de euros por parte do Goberno central entre as comunidades autónomas, Pedro Puy saudou que “parte das demandas de Galicia xa foron aceptadas, pero o certo é que as propostas que se fixeron onte non son todo o xustas que deberían ser coa nosa comunidade”.
Neste sentido, explicou que a distribución deste fondo “non ten en conta suficientemente criterios que se recollen no financiamento autonómico, como no gasto sanitario, o envellecemento ou a dispersión da poboación, e as medidas implantadas en Galicia con resultados útiles, como o sistema Telea ou a medicalización das residencias integradas”.
“O resultado da distribución queda lonxe do que consideramos xusto para Galicia e entendemos que debe de continuar avanzándose”, afirmou Pedro Puy, quen engadiu a necesidade de que estes fondos “deben ser administrados, con independencia da base de cálculo, polas comunidades autónomas”.

















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



