Foz, 14 de xuño de 2020. A presidenta do PP da provincia de Lugo, Elena Candia, defende que “A Mariña non se pode permitir perder os postos de traballo da fábrica de Alcoa en San Cibrao”. Así de contundente o manifestou, “como veciña desta comarca”, esta mañá na concentración en defensa do emprego na factoría que se desenvolveu en Foz e que contou coa participación doutros representantes do Partido Popular coma o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, para amosar o seu respaldo ás demandas dos traballadores que hoxe en Foz reclamaban ao Goberno unha solución para Alcoa.
“O tempo para salvar Alcoa e o emprego na Mariña esgótase”, advertiu a máxima dirixente popular na nosa provincia expoñendo que, con todo, “o Goberno de Pedro Sánchez aínda está a tempo” de reverter a situación da planta se cumpre o que leva prometendo ano e medio para dar unha solución para Alcoa. “O Goberno central ten nas súas mans establecer un prezo eléctrico competitivo para que a fábrica manteña a súa actividade e, polo tanto, o emprego”.
Candia asegura que “o Goberno de Sánchez lle está a dar as costas á fábrica de Alcoa” e sinala que “é a primeira vez que un Goberno de España se desentende”. A popular recorda que “houbo momentos difíciles e tanto o Goberno de Zapatero coma o de Rajoy estiveron á altura das circunstancias”. A popular explica que “o principal problema da fábrica é o elevado prezo da electricidade”, polo que, “demandamos que o Goberno lle garanta un prezo da enerxía eléctrica que lle permita competir con outras fábricas da Unión Europea”.
“Son moitas as familias da comarca da Mariña afectadas pola ameaza de peche da fábrica de Alcoa en San Cibrao”, recordan. “Nós estamos ao seu carón para defender os miles de postos de traballo que se ven ameazados nestes momentos” porque “defender o futuro de Alcoa é defender o futuro da Mariña”, conclúe a popular.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



