Viveiro, 16 de xuño de 2020. Dende o goberno municipal quérese informar os veciños e veciñas de Viveiro das medidas establecidas, en relación con diversos servizos municipais, en virtude do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara unha nova normalidade e ata o levantamento da situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020.
– Establécense as medidas para compaxinar o traballo presencial co teletraballo para todos aqueles traballadores que poidan realizar a súa actividade laboral a distancia nos servizos administrativos, garantindo en todo caso e en todos os servizos municipais, por parte de todos os traballadores, a atención presencial á cidadanía mediante cita previa
– Mantense pechada a gardería municipal, o centro de atención a alzheimer, os centros socioculturais e locais sociais, así como as instalacións municipais cedidas á entidade Aspanane nas que se presta o servizo de centro de día a persoas con discapacidade.
– Acórdase a apertura da biblioteca municipal, con efectos dende o 22 de xuño de 2020, establecendo que a ocupación das salas non poderá superar en ningún momento o 75% da súa capacidade máxima permitida.
– Mantense a apertura das instalacións deportivas municipais (campos de fútbol e pavillóns deportivos).
– Acórdase a apertura da oficina de turismo con efectos do 1 xullo de 2020,
establecendo que non se poderá exceder en ningún momento do 75% da súa capacidade.
– Acórdase a apertura dos parques infantís municipais con efectos do 22 de
xuño de 2020.
– Atendendo ás especiais características das súas instalacións, en aras a
preservar a seguridade e saúde pública e á necesidade de adopción de medidas específicas para poder proceder á súa apertura, acórdase manter pechadas as instalacións da piscina municipal e o Teatro Pastor Díaz.
– Acórdase manter abertas as instalacións da Praza de Abastos e do Matadoiro Municipal.
– Respecto ás instalacións da UNED, Conservatorio e Colexios estarase ao
disposto por parte da Xunta de Galicia ao respecto da súa reapertura.
– Acórdase manter aberto o cemiterio municipal de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 horas e os domingos en horario de 9:00 a 13:30 horas. A partir do 1 de xullo, o cemiterio municipal abrirá no seu horario habitual.
– Co fin de garantir a seguridade e saúde pública manteranse pechados os baños públicos municipais, a excepción dos baños públicos municipais ubicados nas praias, para os que se estará á regulación que se estableza por este Concello.
– Permitirase o uso de locais ou instalacións municipais para a realización de actividades permitidas segundo a Resolución de 12 de xuño da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.
– Acórdase o mantemento da actividade ordinaria dos servizos da Policía Local, Protección Civil, así como dos servizos das Brigadas de Obras e Parques e Xardíns.
Finalmente, o prazo de vixencia destas medidas manterase en tanto dure a situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020. Non obstante, estas medidas serán sometidas á revisión necesaria de acordo coa evolución da situación, así como para a súa adaptación ás normas, protocolos, guías ou plans que se diten polas autoridades competentes, que resulten de obrigado cumprimento ou en base aos que resulte procedente a súa modificación.
Entre as medidas establecidas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, figuran as seguintes:
– Poderán abrir os locais de discotecas e demais establecementos de lecer
nocturno a partir do 1 de xullo, sempre que a evolución da situación
epidemiolóxica así o aconselle.
– Deberán permanecer pechados mentres non se dite resolución por parte da consellería competente en materia de política social as seguintes instalacións: escolas infantís, ludotecas, residencias de tempo libre, albergues e campamentos xuvenís, centros sociocomunitarios de benestar, centros de atención diurna, centros ocupacionais e casas de maior, entre outros.
– O resto de locais ou establecementos poderán realizar a súa actividade cos requisitos e aforo establecidos na Resolución de 12 de xullo, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, establecendo como regra xeral un aforo do 75 % da súa capacidade.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



