Ribadeo, 17 de Xuño de 2020. No dia de hoxe, 16 de Xuño enterámonos pola prensa de que o Concello de Ribadeo ven de outorgar a licencia de obras para a construcción de unha cafetería na Illa Pancha. Tamén nos enteramos pola prensa de que este novo expediente vense tramitando dende maio de 2019. A primeira noticia deste asunto tivémola, tamén polos medios de comunicación, o día 22 de xaneiro de 2020. Ao día seguinte presentamos un escrito no rexistro do concello solicitando consultar o devandito expediente, por considerarnos parte interesada. Con data de 11.2.2020 recibimos un escrito do concello notificándonos que tíñamos que acreditar a representatividade do noso colectivo, cousa que cumplimentamos en tempo e forma o día 27 do mesmo mes. Como é sabido a actividade das administracións suspéndeuse o dia 14 de Marzo polo estado de alarma e xa non volvemos a recibir nengunha resposta escrita á nosa solicitude. Polo medio tivemos entrevistas personais con funcionarios, sempre amabeis e cordiais, pero sen negunha resposta oficial.
Debemos suliñar aquí o extrano destes novos trámites sobre a representatividade do colectivo POR NUESTRO FARO, sendo que o propio concello nos remitiu o día 18.12.2019 unha proposta para personarnos “ como parte interesada” nun contencioso iniciado anteriormente pola empresa concesionaria contra o concello de Ribadeo. Ou sexa en decembro o concello de Ribadeo recoñecía a nosa representatividade, nada menos que a efectos de intervir nun contencioso, pero en xaneiro xa cambiaran as tornas, Estes son os feitos para o coñecemento de quen esteña interesado.
Pola nosa banda so imos lembrar que o anterior proxecto de cafetería foi rexeitado pola D. Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia pero, dende o noso ponto vista o mais rechamante deste longo proceso é que o informe do Defensor del Pueblo de xaneiro de 2016, ratificado tres veces mais nos meses posteriores, denunciaba a falla de Informe de Impacto Medioambiental preceptivo para este tipo de actividades nunha zona protexida pola Rede Natura 2000. Lembraremos tamén que o propio Ministerio de Fomento recoñeceu que faltaba ese informe e comprometeuse a realizalo, sin embargo nunca se chegou a cumplir ese compromiso, nen esixilo o concello de Ribadeo.
Pola outra banda está pendente de resolución o proxecto de legalización da fosa séptica construida en maio de 2017 que verquería cara ao canle entre a illa e a costa. Asemade descoñecemos como se vai resolver o problema dos verquidos da cafetería que, presuntamente irían cara á vertente norte da illa. Semella, xa que logo, que nengún trámite pendente impide levar adiante a escalada de privatización da illa Pancha.
Polo momento estamos estudando os pasos a seguir nos próximos días. Folga suliñar que segueremos defendendo o que consideramos un dereito básico dos veciños e veciñas de Ribadeo: que a Illa Pancha e o edificio do faro sexan un espazo e unha dotación de uso público e que se revise o cumplimento de toda a normativa vixente nos trámites administrativos e legais que levaron á situación actual.
En todo caso confirmamos o que vimos decindo dende o comezo. Aquí hai unha ocultación sistemática de información, que os seus motivos terá e que se confirma no caso actual: un ano ocultando o novo proxecto de cafetería á opinión pública e cinco meses negando ao noso grupo o acceso a un expediente de interés público para rematar aprobandoo ao abeiro do coronavirus. E como sempre nen miga de información na páxina web do concello.
Colectivo POR NUESTRO FARO

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



