Santiago, 20 de xuño de 2020. O secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez; e os secretarios xerais de UGT-Galicia e UGT-FICA-Galicia, José Antonio Gómez e Javier Carreiro, respectivamente, ademais dunha representación da federación estatal de FICA, participarán este luns, día 22, na manifestación convocada por UGT, CCOO e CIG en Burela “Polo futuro para A Mariña. Industria, infraestruturas e sanidade”, que sairá ás 20 horas do hospital da Mariña.
Unha manifestación que se enmarca nun conxunto de mobilizacións que se están a desenvolver na comarca ante o incerto futuro de Alcoa, que podería deixar sen emprego a centos de traballadores da comarca, aos das auxiliares que ata o de agora estaban traballando para a fábrica de aluminio e que deixaría nunha moi difícil situación a unha comarca que directa ou indirectamente depende economicamente de Alcoa. Non se pode esquecer que esta fábrica achega máis do 30% do PIB da provincia de Lugo.
Precisamente, a fonda preocupación do Sindicato con esta situación, fai que, ademais da participación na manifestación, pola mañá, ás 10.30 horas Pepe Álvarez e os secretarios xerais de UGT-Galicia e UGT-FICA-Galicia manterán unha reunión cos membros da sección sindical de UGT en Alcoa e con delegados e delegadas das empresas auxiliares na sede do Sindicato en Viveiro (Rúa García Doriga, Edificio do INEM, número 3).
Xa ás 12.00 horas, tamén na sede de UGT en Viveiro, Pepe Álvarez, José Antonio Gómez e Javier Carreiro ofrecerán unha rolda de prensa na que analizarán a situación de Alcoa e porán enriba da mesa as demandas e posibles solucións que achega o Sindicato a esta difícil conxuntura.
Pola tarde, antes da manifestación, ás 18.00 horas, UGT organiza en Burela (Salón de Conferencias de Burela (antigua biblioteca), Rúa do Correo) unha asemblea na que Pepe Álvarez, xunto aos secretarios xerais de UGT-Galicia e UGT-FICA-Galicia, reuniranse con delegados, traballadores e cidadáns da
comarca para analizar a difícil situación que atravesa co anuncio realizado por Alcoa.

















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



