Foz, 23 de xuño de 2020. O Concello de Foz procedeu hoxe, martes, á reapertura dos parques infantís no casco urbano e parroquias.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “a crise do COVID-19 supón un gran problema de operativa e de custos para os concellos: a Xunta de Galicia lexisla pero non nos transfire fondos para as desinfeccións e limpezas que impón, que deben ser asumidos polas arcas municipais. As dificultades son moitas, nótase a falta de comunicación coa administración máis próxima aos veciños, a local”.
O rexedor municipal anuncia que “nos parques abertos disponse un cartel informativo indicando as normas de hixiene e de uso do espazo así como o aforo máximo permitido, que se debe respectar. As instalacións de uso común de cada parque serán desinfectadas diariamente, tarefa asumida por traballadores municipais. Quero incidir en que a reapertura dos espazos públicos non significa que a crise sanitaria marchara; é máis, nestes momentos debemos ser máis responsables ca nunca. Depende do noso comportamento individual evitar un novo brote colectivo, que ninguén desexa”.
Fran Cajoto tamén indica: “estase traballando na sinalización e preparación das praias para este verán, bastante diferente ao doutros anos. Neste sentido quero destacar que, pese ás dificultades, os traballos están moito máis avanzados que o ano pasado, cando nos encontramos con todo sen facer e os paseos sen desbrozar. Este ano haberá incomodidades como o peche de duchas e lavapés, dentro das medidas sanitarias impostas polos protocolos de prevención do COVID-19”.
Condena de violencia a sanitarios
Por outra parte, o alcalde manifestou: “no Concello de Foz condenamos rotundamente a violencia, especialmente aos sanitarios, que teñen como profesión coidar das nosas vidas”. Así se manifestou rexedor focense ante “un episodio puntual de violencia ao equipo asistencial que acudiu a unha chamada na localidade”.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



