Madrid, 23 de xuño, 2020. O secretario xeral de Industria e Peme do ministerio de Industria, Comercio e Turismo, Raúl Blanco, presentou hoxe na reunión da Mesa de Traballo multilateral sobre o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao un Plan Industrial a dez anos con dúas propostas de viabilidade para a planta.
Na súa exposición, Blanco sinalou que “Alcoa no es neutral en la evolución de los precios, sino que origina los cambios de precio, lo que genera situaciones conocidas en el mercado del aluminio; es difícil entender que sea una casualidad.” Despois mencionou as situacións das plantas da compañía norteamericana en Québec (Canadá), Ferndale (Washington, EEUU) e Córsega (Francia): “Lo de San Cibrao no es un fenómeno aislado, lo hemos vivido en A Coruña y Avilés. Viene de una estrategia corporativa del oligopolio de los productores de aluminio, que genera las consecuencias que estamos viendo”. Posteriormente mencionou o caso do acordo asinado por Alcoa en Noruega: “El acuerdo de Noruega es perfectamente reproducible en Lugo. No creo que construir un parque eólico sea más barato ni más competitivo en Noruega que en Galicia, y no creo que la alúmina en Noruega sea más competitiva que en San Cibrao. Puede haber nuevas iniciativas que den continuidad y viabilidad industrial a San Cibrao, tanto en alúmina como en aluminio primario”.
No encontro, Blanco presentou un Plan industrial a dez anos con dúas propostas enmarcadas nun contrato bilateral con varias fontes enerxéticas (gas de alta eficiencia de 100/200 MW, parque eólico de 400 MW e parque fotovoltaico de 800 MW) e un prezo de enerxía nun rango de 25 a 35 MW/ h a partir dos instrumentos actualmente en curso e da entrada de socios: “É o prezo que pediu a Xunta, os traballadores e a empresa. O prezo da enerxía non é o problema. San Cibrao é viable, pódese facer un PPA coa vista posta no futuro, producir hidróxeno verde e introducir un proceso de produción máis limpo e sostible”, sinalo Blanco; “además, las tendencias nos van a favorecer, porque en un entorno de largo plazo nos vamos a precios más bajos, gracias a la implantación de las energías renovables”.
Blanco engadiu que “hay gente dispuesta a entrar como socio energético o como socio industrial; si hay voluntad, hay solución, pero depende de la empresa”, y dejó muy claro que “esta propuesta es incompatible con presentar un ERE pasado mañana; si Alcoa quiere, estaremos ayudando, y si Alcoa no quiere, que venda la instalación y que deje paso a otros”.
Ao longo da reunión expresou a súa sorpresa porque a Xunta “se haya alineado contra el Gobierno, dando oxígeno a Alcoa”, e sinalou que “si se inicia el Expediente de Regulación de Empleo, la otra parte de la Administración existe, e intervendrá. Será la autoridad laboral, es decir, la Xunta, la competente para gestionar el proceso. Espero que el conselleiro sea exigente con la empresa para defender los derechos de los trabajadores de San Cibrao”.
Na reunión interviñeron o conselleiro de Economía e Industria da Xunta, Francisco Conde, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, o presidente de Alcoa en España, Álvaro Dourado, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, e os responsables autonómicos de industria de UXT (José Luis Combarro e Javier Carreiro), CCOO (Víctor Ledo e Xoan Xosé Bouzas) e CIG (Paulo Carril). Tamén asistiron a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, o director xeral de Industria e Peme do Ministerio, Galo Gutiérrez, o director xeral de Industria e Minas da Xunta, Anxo Bernardo Tahoces, o director Xeral do IGAPE, Juan Manuel Cividanes, o subdirector adxunto de Enerxía Eléctrica do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Carlos Redondo, e varios representantes do comité de empresa de San Cibrao.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



