
SONY DSC
Lugo, 25 de xuño de 2020. Mañá, venres, a partir das 16.30 horas, desenvolverase telematicamente a terceira xornada O Reto Demográfico; Máis Rural, Máis Lugo, promovida polo Partido Popular de Lugo, que preside Elena Candia. Nesta ocasión intervirán o empresario lucense Ramón Alonso; Belén Elisa Díaz, presidenta de España Creativa e profesora universitaria, e Lidia Díaz, presidenta da Asociación Española contra la Despoblación. Como nas dúas xornadas anteriores, a presentación dos ponentes correrá a cargo de Elena Candia. As intervencións poderanse seguir a través do enlace www.ppdelugo.es
Ramón Alonso Álvarez é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Incorporouse a Cafés Candelas (empresa familiar con sede en Lugo que ten máis de 40 anos de experiencia no sector) no ano 1996. Na súa intervención fará un resumo do que é a empresa que dirixe e comentará algúns factores claves na súa evolución. Reclamará máis atención para as zonas deprimidas demograficamente.
Pola súa parte, Belén Elisa Díaz é presidenta de España Creativa, Directora do Fórum y Red de Ciudades y Territorios Creativos de España; profesora de Organización de Empresas na Universidade Carlos III Madrid. Igualmente é consultora internacional en Economía Creativa, Cultura y Desarrollo Sostenible. Doctora Economista (licenciada. en Ciencias Económicas y Empresariales), artista plástica (licenciada en Bellas Artes) e investigadora. É tamén directora do máster en Economía Creativa na Universidade Rey Juan Carlos e directora da especialización en Ciudades y Territorios Creativos, na Universidade de Alcalá. Falará da Transformación del mágico universo rural a partir de las industrias creativas y la innovación en la nueva realidad covid-19.
Lidia Díaz é a presidenta da Asociación española contra la Despoblación, fundadora de Baños de Bosque en España. Ten trece anos de experiencia no ámbito laboral con colectivos vulnerables e como formadora de adultos, así como dez anos de experiencia como coach e facilitadora en procesos de violencia. A súa intervención estará centrada no tema Oportunidades y necesidades de nuestros pueblos y su ecosistema.
A primeira xornada de O Reto Demográfico celebrouse presencialmente en Outeiro de Rei no pasado mes de febreiro e estivo protagonizada pola conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, que dedicou a súa intervención ao tema Facer de Galicia o mellor lugar para formar unha familia. A declaración da pandemia e as medidas de distanciamento social para evitar contaxios obrigaron a reestruturar o programa das xornadas O Reto Demográfico. A segunda desenvolveuse telematicamente o pasado mes de maio. Participaron Felipe Debasa Navalpotro, doutor en Dereito, profesor de Mundo Actual da Universidade Rey Juan Carlos; Santiago Lago Peñas, catedrático do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e Sara Bianchi, coordinadora da rede SSPA.
Elena Candia sinala que o obxectivo destas xornadas é o de mobilizar ao conxunto da sociedade da provincia fronte ao problema do despoboamento, así coma o de facer ver posibles solucións e alternativas viables que permitan garantir o futuro do rural lucense. Recordou que é unha das asinantes da Declaración de Gredos pola innovación e o emprendemento para a repoboamento do rural; opina que esta declaración marca un camiño que se debe seguir, con espírito de consenso.



















A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



