Lugo, a 25 de xuño de 2020. “Estamos na conta atrás”, resumía o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, a primeira reunión do período de consultas do expediente de extinción presentado pola multinacional que, de efectivizarse, suporá o despedimento de 534 traballadores/as do seu cadro de persoal e doutros 400 operarios/as da industria auxiliar. Neste contexto, a CIG volveu demandar da empresa que retire o expediente e recoñeza a mesa multilateral como o marco onde conseguir que o Goberno español concrete e dea certeza no tempo as súas propostas.
Neste senso, Carril sinalou que a proposta presentada polo Ministerio de Industria o pasado martes podería servir como punto de partida para avanzar nas solucións ás problemáticas que Alcoa alega para xustificar os despedimentos e o peche da produción de aluminio primario en San Cibrao. Pero a postura intransixente que está a manter a multinacional, apuntou, “obriga o Goberno español a axilizar ao máximo todas as actuacións para darlle realidade ás medidas, sexa con Alcoa ou sen Alcoa”.
Isto implica, engadiu o secretario xeral da CIG, “que se admitan as nosas achegas para a creación dunha tarifa industrial estábel, predicíbel e competitiva e que se acepte por parte das administracións, tanto da estatal como da Xunta, a intervención pública como saída”. Unha medida que, lembrou, é legalmente posíbel e viábel, tal e como se evidencia no informe elaborado pola UdC a petición da CIG.
Nesta liña, Carril insistiu en que a mesa multilateral debe seguir traballando neste camiño, aínda que Alcoa continúe co seu plan de desmantelamento. “O Ministerio non pode lavarse as mans e deixar todo agora exclusivamente ao que pase na negociación do ERE e do papel da Xunta como autoridade laboral”.
Precisamente, sobre a actuación da Xunta, denunciou que o Goberno galego lle está a facer o xogo á empresa, “cunha postura máis na defensa de que os plans de Alcoa vaian adiante que de manter os empregos e a actividade produtiva en San Cibrao”.
Doutra banda, Paulo Carril tamén criticou que o Executivo estatal manteña vixente a reforma laboral de 2012 que facilita que Alcoa poida executar os despedimentos de maneira unilateral. “De terse derrogado a reforma laboral, como se lle reclamou en múltiples ocasións, ou cando menos de ter anulado os artigos referidos aos ERE, a decisión de cando e como aplicar os despedimentos non estaría só en mans da empresa”, sinalou.
Agardamos que sexa do voso interese.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



