Ribadeo, 25 de xuño de 2020. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, confirmou coas autoridades sanitarias que non hai positivos por coronavirus en Ribadeo neste momento. O rexedor dixo que a situación é moi cambiante e que non se sabe como será nos vindeiros días. Suárez Barcia fixo unha chamada á tranquilidade, á prudencia e á responsabilidade.
O alcalde declarou que “consultado coa Xefatura Territorial de Sanidade de Lugo, me informan que, a esta hora, non hai ningún caso en Ribadeo. Evidentemente a situación é moi cambiante polo que ninguén pode asegurar como vai ser mañá, pasado ou dentro de dúas semanas. Polo tanto eu quero mandar unha mensaxe de tranquilidade, de prudencia e de responsabilidade”.
O rexedor subliñou que “debemos todos e todas ser moi prudentes coas nosas actuacións e debemos traballar como sociedade para que o esforzo terrible do confinamento valese para algo. De nada vai servir se agora, na nova normalidade, relaxamos as normas de distancia física, permitimos ou participamos en aglomeracións descontroladas, etc…”.
Suárez Barcia engadiu que “isto desde logo que vai para todos, para os que vivimos aquí todo o ano e para os que veñan visitarnos nos próximos tempos. Debemos facer noso o dito de máis vale previr que logo ter lamentar. Curémonos pois en saúde”.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



