Lugo, 28 de xuño de 2020. O Grupo Socialista na Deputación de Lugo defenderá unha moción no vindeiro Pleno da Deputación “para esixir á Xunta que poña en marcha un plan que teña en conta a posibilidade dun novo rebrote da pandemia do coronavirus. “Presentamos esta proposta porque, por enriba de todo, defendemos unha sanidade pública, universal e gratuíta, fronte aos constantes recortes de Feijóo. Un sistema sanitario público reforzado será o único que dará seguridade na reconstrución económica ante calquera rebrote”, subliñou a voceira provincial socialista, Pilar García Porto.
Nesta iniciativa inclúense medidas de reforzo de persoal nos centros sanitarios, un plan específico que cubra os desprazamentos de persoal, un plan específico de reforzo para as UCIs, rematar coa precarización, ampliar e renovar a Carta de Servizos de Atención á Dependencia, así como a posta en marcha dende o primeiro momento dun número de consulta sanitaria gratuíta que poda responder ás dúbidas da cidadanía.
A Deputada sinalou que “fronte a crise sanitaria e social máis grave da nosa historia democrática, a pandemia da Covid-19 amosou o descalabro do sistema de asistencia social ás persoas maiores e da atención primaria de Feijóo”, advertiu.
No texto da moción rexistrada, o PSdeG propón os seguintes acordos;
•Instar á Xunta de Galicia a que deseñe e poña en marcha un plan de reforzo da sanidade pública que teña en conta un posible rebrote da pandemia nun futuro que inclúa:
Medidas de reforzo de persoal nos centros sanitarios, dun xeito especial na Atención Primaria, cunha axeitada dotación de médicos, enfermeiros e persoal auxiliar.
O deseño dun plan específico que cubra os desprazamentos de persoal médico ós fogares de afectados que permanecen nas súas casas durante a enfermidade, para que estes desprazamentos non deixen servizos sen cubrir, como ten acontecido en moitos PAC.
Un plan específico de reforzo para as UCIs, que contemple tanto as necesidades de persoal, necesidade de camas suplementarias, dispoñibilidade de material sanitario e de protección ou respiradoiros.
O fin do modelo de precarización nos contratos que leva a que, mesmo no medio da crise, se sigan firmando contratos por días.
A posta en marcha dende o primeiro momento dun número de consulta sanitaria gratuíta que poda responder ás dúbidas dos cidadáns. Poñer en marcha accións concretas para reverter a política de perda de servizos sanitarios do rural, poñendo en marcha medidas que permitan deseñar un mapa sanitario racional, que prime a igualdade na prestación de servizos en todo o territorio.
•A posta en marcha dun número de consulta gratuíto que facilite información, puntual e transparente, ás familias dos maiores internados nas residencias, para que non volvan a darse as situacións de falta de información e opacidade que se produciron durante a crise sanitaria.
•Ampliar e renovar a Carta de Servizos de Atención á Dependencia, incrementando e diversificando os mesmos, tendo en conta que a actual foi asinada por Beatriz Mato cando era Conselleira, fai xa máis de dez anos.
•Facer efectiva a colaboración coas institucións de ámbito local, tal e como se recolle no Artigo 64 Bis da Lei 13/2008 dos Servizos Sociais de Galicia.


















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



