Santiago de Compostela, 1 de xullo 2020. A candidata á Presidencia, Ana Pontón, e a cabeza de lista por Lugo, Olalla Rodil, acudiron á manifestación convocada polos traballadores e traballadoras de ALCOA-San Cibrao diante da sede do goberno da Xunta para mostrar o apoio do BNG á continuidade da produción e do emprego dunha empresa clave para a comarca da Mariña e para o conxunto do país. “Non se pode deixar caer ALCOA”, subliñou a líder nacionalista.
“Está en xogo o futuro de toda unha comarca e ten que haber unha proposta xa porque se está acabando o tempo, e o BNG ten claro cal debe ser esa proposta: nacionalización de ALCOA cunha intervención pública da Xunta e do Estado e unha tarifa eléctrica galega que acabe co espolio enerxético e coa ameaza de miles de empregos en xogo pola factura enerxética nun país produtor neto de electricidade”, explicou Pontón.
“Os e as traballadoras non poden máis porque se está xogando co seu futuro, que nos expliquen o Goberno de Sánchez e de Feixóo por que están deixando pasar o tempo, mentres en países como Alemaña (Angela Merkel con Lufthansa) e Portugal (Antonio Costa coa TAP) están nacionalizando as súas empresas estratéxicas. ALCOA é o suficientemente importante para Galiza como para non deixala caer, polo tanto, compromiso claro do BNG: nacionalización e unha tarifa electrica galega e acabar co escándalo do espolio enerxético”.
“ALCOA é o suficientemente importante para Galiza como para que non a deixen caer e é unha irresponsabilidade o que están facendo o PP e o PSOE que non teñen vontade política para levar adiante unha nacionalización que é legal e posible, a vontade que non teñen eles témola no BNG e traballaremos para non deixar caer o emprego e a produción desta factoría”, concluíu.




















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



