BURELA .- Alumnos e alumnas do instituto Perdouro de Burela crean pequenas producións multimedia a partires da captura de imaxes e son e o seu posterior tratamento dixital. Esta está relacionada con un dos obxectivos que marca o currículo de informática para cuarto da ESO.
Nota de Prensa
Os alumnos de informática de 4º da ESO do IES Perdouro están estes días (26 de Abril e 3 de Maio) desenvolvendo unha actividade relacionada con un dos obxectivos que marca o currículo de informática para 4º da eso. A creación de pequenas produccións multimedia a partires da captura de imaxes e son e o seu posterior tratamento dixital.
Son 2 as curtametraxes que se están a gravar. O día 26 gravaron o grupo INFO I (15 alumnos) e o día 3 vai gravar o grupo INFO II.( 11 alumnos).
O método de traballo foi o seguinte: fixeron o guión literario e escolleron entre tódalas historias a que máis lles gustou. Da elixida fixeron o guión técnico e repartíronse os papeis que cada quen desempeña na curta ( microfonista, director, axudante de dirección, producción….).
A iniciativa desta actividade parte do departamento de Tecnoloxía, concretamente da profesora Esperanza Pernas, que imparte as clases de informática os grupos implicados na gravación. Como colaborador artístico atópase presente Matías Nicieza, encargado de complementar a formación teórica previa e supervisar as gravacións, explicando ós estudiantes todo o necesario para a elaboración da curto e a súa realización o mais axustada posible á realidade do cine profesional (incluído os descansos, só unha hora para comer). Colabora tamén o departamento de Imaxe Corporal, dirixido por Begoña Rodríguez Muñiz, que se encarga de peitear e maquillar ós actores.
Unha vez rematada a gravación iniciarase a súa edición e montaxe, e antes de rematalo curso tódolos alumnos do centro poderán ver os resultados do traballo realizado.
Tramas das historias:
* INFO I : Unha rapaza con aires góticos chega ó instituto e os compañeiros rinse dela polas pintas que trae, entón a rapaza decide sorprendelos con un cambio de estilo….
* INFO II: Hai unha bomba no instituto!! un grupo de rapaces que se enteran por casualidade tratan de localizala e evitar o seu estoupido.





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



