Ribadeo, 6 de agosto de 2020. APAGA (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) organiza a novena edición do Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos do 25 ao 28 de agosto, que terá lugar no centro Pedro Murias, de Ribadeo. Este ano abordaranse temas como a edición de libros electrónicos e o vehículo eléctrico. O programa completarase cunha serie de actividades lúdicas, que permitirán aos participantes visitar varios lugares da comarca. O aforo está limitado a 50 persoas, debido ao covid, pero aínda quedan algunhas prazas libres.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, contou que “este ano decidimos, tendo en conta as diversas enquisas do nivel de satisfacción que facemos todos os anos cando remata o Fórum, dar resposta a ese tipo de solicitudes dos participantes, especialmente daqueles que veñen de fora da comunidade autónoma de Galicia. Entón imos incluír, dentro do programa, unha serie de actividades lúdicas como un paseo en barca pola ría, unha visita á fabrica de Sargadelos, outra a Taramundi e tamén faremos algunha actividade no porto de Rinlo”.
Doural explicou que “o esquema do Fórum vai ser moi parecido aos anos anteriores, pola mañá haberá ponencias e pola tarde talleres. Incorpórase un taller de editor de libros electrónicos, creo que é interesante no momento en que estamos no que din que moita da formación vai ser online ata que se resolva o tema do covid. Imos facer algunha actividade máis neste senso, ao longo do ano, de apoio ao profesorado e a aquela xente da empresa que queira introducirse no mundo dos editores de libros electrónicos”.
O presidente de APAGA engadiu que “vai ter tamén unha parte importante o tema de vehículos eléctricos con talleres. Estamos rematando aínda parte do programa porque estabamos considerando se celebrar o Fórum ou non, pero creo que debemos continuar con todas as medidas de seguridade e hixiene que require o covid e tirar para adiante. Penso que é importante, o país necesita non paralizar máis cousas, xa hai bastantes paralizadas e iso trae consigo que moita xente perda o seu traballo. Intentaremos ser un exemplo de apoio a esta situación que vivimos neste momento”.
Álvaro Doural lembrou que “como sempre é unha actividade aberta, este ano ten o condicionante da limitación de aforo a 50 persoas, pero aínda hai algunha praza libre. Aquelas persoas que estean interesadas en participar neste evento poden poñerse en contacto a través da nosa páxina web www.apaga.es, ou do noso correo electrónico apagaribadeo@gmail.com ou a través do teléfono da asociación 639 88 49 45”.
A inauguración do IX Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos será o 25 de agosto ás 10 da mañá.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



