Ribadeo, a 7 de agosto de 2020. O Grupo Municipal Popular de Ribadeo insiste, unha vez máis, en demandar ao goberno local do BNG o arranxo dos adoquíns do pavimento das rúas peonís do centro ribadense onde se atopa gran parte do comercio local como levan xa tempo reivindicando dende a formación popular.
A vicevoceira popular, Elena Sierra, sinala que “o chan de rúas moi transitadas do centro ribadense, que tamén son as principais rúas comerciais do municipio, se atopa en moi mal estado”. É o caso de rúas coma Rodríguez Murias ou Reinante que se atopan nun estado lamentable.
A popular sinala tamén que “foron retirados os protectores dos colectores da rúa Calvo Sotelo quedando no chan os buratos das estruturas que os suxeitaban. Isto provocou xa algunhas caídas e torceduras”. Se ben é certo que “non houbo que lamentar graves consecuencias, non é de recibo que as nosas rúas poidan constituír un perigo para os viandantes”.
Dende o Grupo Municipal Popular ribadense instan ao goberno local a tomar en considerar estas demandas en beneficio da seguridade dos veciños e clientes do comercio ribadense.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



