Lugo, 11 de agosto de 2020. A área de Cultura da Deputación asinará un convenio interadministrativo co Concello de Ribadeo coa fin de executar obras de acondicionamento da “Casa do Viejo Pancho”, destinada a usos culturais.
O Concello proxecta rehabilitar un espazo específico para preservar os fondos bibliográficos doados polo dramaturgo Daniel Cortezón, (Ribadeo, 1927-2009), formado por mais de 6.300 libros e 900 revistas. Tamén se pretende habilitar unha sala de exposicións que albergue as figuras orixinais de xigantes e cabezudos que seguen a formar parte da tradición cultural nas festas ribadenses.
A vicepresidenta Maite Ferreiro sinalou que “o investimento en equipamentos culturais públicos é clave para soster unha cultura de base e no territorio. Concellos e asociacións culturais precisan espazos adecuados para desenvolver a súa actividade nas mellores condicións posibles”.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura ribadense, Pilar Otero, agradeceu “especialmente o grao de involucración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo”
As obras, financiadas con 20.000 euros pola área de Cultura provincial e con 1.700 euros do goberno municipal, incluirán carpintería, impermeabilización, pintado e pavimento.
El Viejo Pancho
O predio é a casa natal de José María Alonso de Trelles y Jarén (Ribadeo, 1857-1924), poeta uruguaio de orixe ribadense coñecido como “El Viejo Pancho”. É un dos escritores máis relevantes da literatura gaucha uruguaia, unha corrente literaria propia das culturas rurais americanas. A súa obra máis coñecida é “Paja Brava”.
O edificio é un espazo dinámico e vivo, ao servizo dos colectivos que dinamizan o tecido social ribadense e en particular da área do centro histórico. Acolle parte dos fondos da biblioteca municipal e emprégase tamén como oficina da Delegación Municipal de Cultura.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



