Foz, 11 de agosto de 2020. A empresa de loxística e transportes Reyco, que ten a súa sede principal en Foz, selecciona persoal para ampliar a súa plantilla. Actualmente conta con 170 traballadores, procedentes de quince nacionalidades, e prevé chegar aos 200 neste ano, cando a firma cumpre o seu 25º aniversario.
Os responsables de Reyco explican que “nos últimos anos a empresa experimentou un importante crecemento, tanto en volume de negocio como en xeración de emprego, chegando ás cifras actuais: o grupo supera os 20 millóns de euros de facturación anual e os 170 empregados directos, a maioría en Galicia. Actualmente continuamos con plans de crecemento e consolidación e temos a previsión de crear 30 novos postos de traballo antes de final deste ano, chegando así aos 200 empregos directos. Poderán ter cabida na nosa empresa persoas con perfil dinámico e dominio de idiomas, especialmente francés. Actualmente poderíamos darlle unha oportunidade laboral a calquera persoa da comarca que fale francés de forma fluída”.
Reyco é unha empresa de transporte e loxística que ofrece servizos por toda Europa desde a súa sede principal situada en Foz, concretamente en Fazouro. “É algo pouco común neste sector xa que a maioría de empresas do noso volume están en torno a grandes zonas industrializadas e próximas a importantes vías de comunicación”, destaca a xerencia de Reyco, firma que conta con delegacións en Valencia e Irún, dous polos importantes no transporte internacional.
Tamén salientan que Reyco “móvese nun ambiente completamente internacional, tanto polos clientes como polas persoas de diferentes nacionalidades que forman parte da empresa. Na actualidade hai traballadores de 15 nacionalidades: española, portuguesa, francesa, italiana, belga, holandesa, búlgara, romanesa, moldava, alemá, ucraína, polaca, suíza, luxemburguesa e marroquí. Algo que nos enorgullece especialmente é poder xerar tanto emprego aquí, na nosa terra, en Foz; que xente de diversos lugares de Galicia, de España e tamén doutros sitios de Europa veña vivir a Foz para traballar na nosa empresa. A maioría dos 170 empregos directos que temos actualmente están na nosa base de Foz e ese capital humano é fundamental para Reyco”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



