Ribadeo, 14 de agosto de 2020. A Biblioteca Municipal acolleu esta mañá a entrega dos premios ás gañadoras do IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo.
Na modalidade de Artes Plásticas a gañadora foi “Unha viaxe pola Mariña”, de Codés Lillo Irimia (Barreiros, 1997). En Relato curto o traballo gañador foi “O preludio do carrusel”, de Lucía Barrera López (Cervo,1992). E en Poesía o traballo vencedor foi “Ritual”, de Carme Rodríguez (Ribadeo, 1996). As gañadoras da cuarta edición do IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo reciben 300 euros (cada unha delas).
Xunto ás gañadoras estivo esta mañá a concelleira de Cultura, Pilar Otero, que aproveitou a ocasión para felicitalas.