Mondoñedo, 22 de agosto de 2020. O Concello de Mondoñedo fai balance do plan Mondoñedo, Municipio para Investir, 2015-2020 e constata que neste período desenvolveuse un traballo municipal que está a dar os seus froitos e serve de exemplo e xerme de novas iniciativas que contribúen á dinamización económica da vila e da súa contorna. Traballouse directamente, mediante investimentos en infraestruturas e servizos á cidadanía, ou ben mediante colaboración con entidades sociais e outras administración públicas.
O Concello prepara xa a segunda fase de Mondoñedo, municipio para investir.
Así conseguiuse a posta en marcha de Centro de Día e a súa ampliación; ampliación do Servizo de Axuda no Fogar e da Gardería Infantil; creación da Ludoteca e a posta en marcha do Centro de Atención Temperá, iniciativas desenvolvidas dende o Centro de Información á Muller, e un centro de menores.
O goberno municipal mindoniense destaca que se levou a cabo unha intensa labor de promoción turística. Para elo asistiuse a feiras e eventos do sector, poñendo en valor activos mediante a inversión e a promoción da súa candidatura a diferentes figuras de protección e recoñecemento (elementos do Patrimonio, festas, Cova do Rei Cintolo, Semana Santa, Mercado Medieval, etc.). Avanzouse na posta valor o de recursos arqueolóxicos, promoveuse a creación do primeiro centro BTT da provincia de Lugo e elaboráronse contidos promocionais en diferentes formatos (dípticos e trípticos, revistas, calendarios, audioguías e contidos audiovisuais ficcionados. etcétera). Reforzouse a actividade e os contidos da Oficina de Turismo; promovéronse concursos, e potenciouse a artesanía e a oferta cultural e deportiva, apoiando á iniciativa privada.
O Concello destaca que no ano 2015 a UNESCO aprobou a ampliación do Camiño de Santiago en España aos “Camiños do Norte de España”, incluíndo a Catedral de Mondoñedo. No ano 2016 trasladouse o Centro de Interpretación do Camiño Norte ao Centro Cultural de Alcántara, para dotalo dunha mellor visibilidade e servizo, e continúase a traballar na promoción de Mondoñedo como final de etapa do Camiño. Con importantes proxectos tamén en redacción, neste momento. Conseguiuse a catalogación de diferentes festas como de Interese Turístico Galego e Nacional.
No ano 2016 asinouse un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do proxecto “Mondoñedo Dixital: Cidade Histórica e Patrimonio”, para dotar ao Concello de Mondoñedo dos instrumentos necesarios para a posta en valor dos recursos patrimoniais, históricos e culturais. Desenvolveuse un traballo de investigación a través do recurso ás fontes documentais conservadas nos propios arquivos municipal e catedralicio mindoniense, que se estendeu a outras fontes como o Arquivo do Reino de Galicia, o Arquivo Histórico Nacional, o Arquivo da Chancillería de Valladolid e mesmo ao Arquivo Militar de Segovia.
Desenvolveuse a iniciativa #Mondotech. Do local ao global no século XXI, financiada con fondos Leader, que permitiu ao Concello contar con novos formatos audiovisuais para as canles de comunicación actuais, co obxectivo de poñer promocionar o patrimonio histórico, turístico e cultural da cidade. Mondoñedo pertence desde 2018 á prestixiosa asociación Los pueblos más bonitos de España, que agrupa a 79 vilas e cidades do país. Nese mesmo ano, o Pazo de San Isidro foi declarado Ben de Interese Cultural e a Cova do Rei Cintolo recibiu a certificación Observer® que a acredita como destino turístico científico, ao tempo que se creou unha pasarela de acceso á cavidade e se mellorou o servizo de visitas guiadas, conseguindo un número récord de visitas.
Á hora do balance hai que recordar que no 2019, Mondoñedo puxo en marcha diferentes iniciativas que fortalecen e dinamizan a súa oferta turística. Así, inaugurouse a Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, un espazo que combina a actividade museística coa actividade lúdica dunha taberna; o Museo da Imprenta e o Albergue da Natureza en Vilar, que conta con 54 prazas, un aula da natureza e un centro de recepción de bicicleta de montaña (BTT).
Froito da colaboración público-privada , tamén se inicia a rehabilitación integral dun inmoble na rúa Pardo de Cela; un albergue de 43 prazas e 17 apartamentos turísticos. Isto suporá un grande impulso para todo o Concello.
En xullo do mesmo ano (2019) déronse a coñecer dúas iniciativas ben distintas con orixe no aproveitamento inmobiliario. Por un lado, a iniciativa do director e do responsable de administración xeral e contabilidade dun prestixioso estudio de música e piano en Londres, o WKMT (cuns 250 alumnos repartidos en 3 sedes), que adquiriron unha casa de arquitectura indiana onde tiveron as súas raíces Cunqueiro ou Noriega Varela, para empregala como destino de vacacións e para desenvolver campamentos musicais que atraian turismo á vila. Por outra parte, a iniciativa que leva a cabo un matrimonio estadounidense que comprou varias propiedades en Mondoñedo para restauralas e convertelas nun núcleo de ecoturismo rural; aloxamento e comidas caseiras baseadas en produtos orgánicos e servidas con tranquilidade e serenidade.
Durante estes anos desenvolvéronse talleres de emprego e se promoveu o emprego nas brigadas contra incendio e nas brigadas medioambientais. Potenciáronse accións empresariais e industriais, por exemplo, co apoio á comercialización da faba Verdina e de elaboracións a base de tomate, acollidas ao selo Horta de Mondoñedo. impulsáronse infraestruturas e servizos como o polígono industrial naves en aluguer no barrio de San Lázaro, viveiro de empresas no Centro Comarcal e a mellora de servizos como a instalación de fibra óptica. Tamén froito da colaboración publico privada
En febreiro de 2020 se deron a coñecer dúas operacións empresariais relacionadas co sector da construción. A da empresa de Castro de Rei Bloques Cando, S.L. en Mondoñedo, que adquiriu tres parcelas do polígono para desenvolver a súa actividade para toda a zona da Mariña. Esta iniciativa xorde a raíz da posta en marcha dende o Concello dunha liña de axudas para o fomento de actividades económicas no parque empresarial. Por outro lado, a operación da empresa Industrias Toxiza, S.L., que mercou os inmobles de FINSA que pertenceron, no seu día, a Aglomerados Ecar. A empresa está a traballar nun proxecto de recuperación da actividade económica nas instalacións.
No ámbito urbano o Concello destaca que tamén se executaron diferentes actuacións. Houbo investimentos en aparcadoiros, mellora de accesos, plan de tráfico, renovacións nas rede de abastecemento de auga e saneamento, intervencións en prazas públicas, beirarrúas, actuacións de mantemento de pontes, glorietas, etcétera, e se promoveu a rehabilitación de vivendas. No ámbito rural, o plan de roce desenvolveu actuacións en todas as parroquias, arranxos en camiños, melloras de firmes, obras de mantemento e mellora de estradas, promoción de concentracións parcelarias, etcétera.
O día 26 de febreiro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a declaración de área Rexurbe de Mondoñedo. Durante o período de alarma pola crise sanitaria da covid-19 o Concello completou o Plan de Dinamización e remitiuno á Xunta de Galicia, coa idea de poñelo en marcha tan pronto sexa posible para potenciar a fase de recuperación. Dito plan, ademais da rehabilitación de edificios, prevé intervencións en tres ámbitos urbanos: acceso por Rocha de Vélez e Os Castros; ampliación e mellora do Camiño da Valada (enlace de Río de Xisto e os xulgados), con servizos propiamente urbanos; rehabilitación da capela de Alcántara. O orzamento total é de 5,8 millóns, entre as inversións públicas (57,76%) e privadas, e se inclúe unha liña de axudas públicas á iniciativa privada por importe de 150.000 euros.
En xuño publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo as bases reguladoras das axudas para o impulso de actividades económicas en Mondoñedo para paliar os efectos do coronavirus, polas que se subvencionan os custes enerxéticos dos meses de marzo e abril de actividades empresariais afectadas polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020. Esa seguira sendo a senda de traballo.
























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



