Cervo, 1 de setembro de 2020. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, insta aos dirixentes mariñáns socialistas a que utilicen os seus encontros periódicos para solicitarlle ao Goberno central a aprobación urxente do estatuto de empresas hiperelectrointensivas, polo que levamos agardando dous anos.
Villares apunta nesta liña, que “a verdadeira reconstrución da Mariña comeza evitando o peche das cubas de electrólise”, e para iso é primordial que o Estado devolva eses 70 millóns que viñan ano tras ano para a nosa bisbarra desde que a industria do aluminio comezou a operar “cando era pública ou privada, fose o goberno dunha cor ou outra”; sempre, ata agora, houbo unha axuda estatal que garantía o funcionamento das cubas, hoxe en serio risco de peche. Eses 70 millóns –recorda- non son máis que o estatuto de empresas hiperelectrointesivas que levamos reclamado todos, capitaneados polo comité de empresa, desde o primeiro momento.
O alcalde de Cervo pídelles pois encarecidamente aos rexedores socialistas, que intercedan pola Mariña, “porque todos estamos desexando que chegue ese día no que a Ministra de Industria se achegue á nosa zona para darnos, por fin, boas novas: que as cubas seguirán operando, que a Comarca seguirá a producir aluminio primario e que está garantido o 100% do emprego”; subliña.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



