
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, participa na xuntanza telemática da mesa multilateral de Alcoa San Cibrao.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2020. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reclamou hoxe a Alcoa –unha solicitude que fai extensiva a Liberty House– que subsane as cuestións que dificultan o peche da operación de compra-venda da planta de San Cibrao. Así o manifestou durante unha nova xuntanza da mesa multilateral onde apelou á necesidade de avanzar nas negociacións para acadar unha solución definitiva para a factoría da Mariña e os traballadores que dependen dela.
O conselleiro apelou ao diálogo e reiterou a importancia de que tanto Alcoa como a empresa Liberty House persistan na senda do acordo. Nesta liña, é fundamental que o Goberno central non demore máis un prezo eléctrico que permita reducir os custos enerxéticos de factorías como a de Alcoa en San Cibrao. A industria electrointensiva segue á espera do Estatuto do consumidor electrointensivo; de que se autoricen as compensacións por custos indirectos de CO2 ata o máximo que permite a Unión Europea e de que se poña en marcha o novo mecanismo de xestión da demanda que substitúa a poxa por interrompebilidade.
Conde reiterou todo o apoio da Xunta de Galicia para que a fábrica de San Cibrao poida contar cun plan de futuro que garanta a actividade e o emprego, a máxima prioridade da Administración autonómica.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



