Ribadeo, 5 de setembro de 2020. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofreceu onte, venres, o seu primeiro concerto deste ano, no que lembrou as actuacións que tradicionalmente facía durante a primavera e o verán pero que non puido levar a cabo pola pandemia do Covid-19: Letras Galegas, Festival de Bandas, Día de Galicia, festas de San Roque, churrascada no auditorio de Cabanela, concerto de Música de Cine, Ribadeo Indiano e festas da patroa.
Na actuación de onte, que tivo lugar no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz, debutou a percusionista Mara Urbieta López e todos os músicos estrearon gravatas novas. A Banda ribadense interpretou Back to future, Lugo-Ferrol, No lo olvido, Return of de vikings, 1888, Banda Galega, Remember, Don Pajarita, Muiñeira dos Pendellos e finalmente, como bis, tocou unha peza na que se mestura a 5ª Sinfonía de Beethoven co Mambo Nº 5 de Pérez Prado.
Durante o concerto o director da Banda de Ribadeo, David Ballester, agradeceu o esforzo realizado polos músicos nos ensaios, nunhas condicións bastante incómodas, e tamén recordou a colaboración do Concello, do equipo de fútbol sala de Ribadeo, que cedeu o seu local no pavillón polideportivo onde ensaiamos para gardar instrumentos, e ao colexio Gregorio Sanz.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.



