Viveiro, 8 de setembro de 2020. O 112 alertou á Policía Local na noite do pasado venres, 4 de setembro, da existencia dun accidente de circulación na zona de Covas, no que un vehículo chocara contra outro estacionado.
No lugar dos feitos, a patrulla detectou que o condutor do vehículo causante pretendía abandonar o lugar, a pé, por unha rúa paralela, para así non ser visto. Foi interceptado polos axentes e, practicada a proba de alcoholemia, deu un resultado positivo, en case máis de catro veces da taxa permitida (0.25 mg/l).
Por tales feitos, procedeuse a abrir dilixencias penais por un delito contra a Seguridade Vial, por conducir un vehículo a motor cunha taxa superior a 0.60 mg/l de aire expirado, contra o condutor do vehículo, un veciño de Viveiro, e que saíu ileso do accidente, ademais de inmobilizarlle o vehículo.
Tamén se puido comprobar que o condutor tiña o permiso de conducir caducado.
O vixente código penal estipula penas de prisión de tres a seis meses, multa de seis a doce meses, e privación do dereito de condución de vehículos a motor ou ciclomotores por tempo superior a un ano, e ata catro anos, para aquelas persoas que conduzan un vehículo a motor con taxas en aire expirado superiores a 0.60 mg/l.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



