Mondoñedo 10 de setembro 2020: As Feiras e Festas das San Lucas de Mondoñedo, que anualmente se celebran na cidade no mes de outubro e dende 1156, teñen o seu espazo de recoñecemento nos libros de texto escolares deste curso académico .
O libro de Lingua Galega da Editorial Anaya para o alumnado de quinto curso de Primaria traslada ás rapazas e aos rapaces a través das súas follas a importancia e a historia dunha das feiras con máis tradición de toda Europa. Ademais, na súa unidade catro inclúe a imaxe dun dos carteis anunciadores das San Lucas, que en cada edición son obra do mestre Xosé Vizoso.
O presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, agradece este recoñecemento. “Ver as Feiras das San Lucas xunto a un dos seus carteis anunciadores, obra de Xosé Vizoso, nos libros de texto dunha das editoriais de máis prestixio, é o mellor premio ao esforzo e ao traballo que facemos os integrantes da Asociación”, considera.
Miguel Souto quere facer extensivo este “premio” a todas e todos os mindonienses, e a todas e todos os galegos, así como aos visitantes que ano tras ano desprázanse á localidade. Así, engade que “seguiremos traballando para poñer en valor o noso patrimonio cultural, e que as San Lucas soen en todos os eidos, e cheguen a todos os lugares, porque somos un referente das feiras tradicionais, que leva, por suposto, consigo o nome de Mondoñedo”. Vivan As San Lucas!





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



