Viveiro, a 16 de setembro de 2020. O Partido Popular de Viveiro solicita ao goberno local a recuperación do edificio Sociedade de Fabricantes, Conservas e Salazóns do Norte de Galicia. Así se expresa na moción que veñen de rexistrar, e que será debatida no Pleno que a Corporación celebrará este mes.
Os populares consideran urxente a actuación do Concello respecto deste inmoble en desuso, co fin de non só mellorar o estado físico no que se atopa, senón de poñelo en valor. E é que este edificio foi a antiga sede desta importante entidade para Celeiro, construída alá polo ano 1929 en terreo cedido polo Instituto Social da Marina, con dúas plantas e unha superficie de uns 220 m2.
Deste xeito, a súa mellora tamén permitiría cumprir outro dos obxectivos: facelo útil á sociedade viveirense e poñer fin así a un proceso continuado no tempo de intentarlle buscar unha función pública que nunca prosperou nin se levou a cabo, pois tan só chegou a albergar de modo provisional o Posito de Pescadores, a pesares de que, no seu momento, se especulou con destinalo á escola náutico pesqueira ou con habilitalo para ser a sede da Delegación de Pesca. Con todo, e unha vez cesada a actividade para o que naceu, si que se converteu nun local importante para o barrio de Celeiro ao dedicarse a bar con teléfono público e sala de xogos.
Por este motivo, dende o Grupo Popular de Viveiro entenden que a veciñanza de Celeiro, “con todo o que leva aportado ao noso Concello, ben se merece poder desfrutar dun local para actividades culturais-deportivas, sen ánimo de lucro, e que mellor que un local cheo de historia e emblemático como este”, apuntan.
Con estes argumentos, diríxense ao goberno local. Neste senso, o acordo que plantexan inclúe dous puntos moi concretos. Son os seguintes:
-Que o equipo de goberno faga as xestións necesarias para poder adquirir o local, mediante compra ou cesión, e rehabilitado para uso e desfrute da veciñanza a través das asociacións deportivas ou culturais do pobo de Celeiro.
-En caso de que a compra ou cesión non fose posible, que o Concello inste aos seus propietarios á reparación e conservación polo menos da fachada para dar a imaxe que merece o pobo.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



